Tamil Eelam (en tamiḻ īḻam) é un estado proposto como patria dos támiles de Sri Lanka e a diáspora támil de Sri Lanka, os cales aspiran a crear no norte e leste da illa de Sri Lanka.Colombo Telegraph - Vaddukoddai Resolution: More Relevant Now Than Ever Before, https://www.colombotelegraph.com/index.php/vaddukoddai-resolution-more-relevant-now-than-ever-before/Adrian Wijemanne, War and Peace in Post-colonial Ceylon, 1948-1991, 1996, p32 https://www.google.com/books/edition/War_and_Peace_in_Post_colonial_Ceylon_19/9EiToLETF5UC?hl=en&gbpv=1&pg=PA32&printsec=frontcoverInternational Crisis Group - The Sri Lankan Tamil Diaspora after the LTTE, p13-14 https://www.files.ethz.ch/isn/113104/186_the_sri_lankan_tamil_diaspora.pdf O nome provén do antigo nome támil de Sri Lanka, Eelam. Tamil Eelam, aínda que abrangue as terras tradicionais dos támiles de Sri Lanka, non ten status oficial ou recoñecemento diplomático polo resto de estados do mundo. Grandes porcións da provincia Nordeste de Sri Lanka estiveron controladas de facto polos Tigres de Liberación do Tamil Eelam durante a guerra civil de Sri Lanka nas décadas de 1990 e 2000.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Independentismo en Sri Lanka