, nada o 13 de marzo de 1933, é unha activista e poeta do pobo ainu do Xapón.
Traxectoria Ukaji naceu o 13 de marzo de 1933 en Urakawa, Hokkaido. Ela e os seus irmáns creceron sen moitos cartos, e tiveron que abandonar a escolar para conseguiron traballos a tempo parcial e axudar a manter a familia. Cando tiña 20 anos, trasladouse a Sapporo para asistir ao instituto, aínda que era moito maior que os seus compañeiros de clase. Trasladouse a Tokyo cando tiña 23 anos, coa esperanza de que alí houbese menos discriminación contra os ainus que en Hokkaido. Traballou como camareira, e continuou a súa educación escoitando aos estudantes universitarios que viñan e lendo o que estaban lendo. Máis tarde casou e tivo un fillo, Takashi Ukaji.
Carreira e activismo Ukaji converteuse nunha parte activa do movemento polos dereitos indíxenas dos ainus durante a década de 1970. Ela solicitou ao alcalde Ryokichi Minobe a enquisa de 1975 sobre as condicións socioeconómicas dos ainus en Tokyo. A enquisa descubriu que había ao redor de 600 fogares ainus en Tokyo, e que moitos traballaban como obreiros. Un posto para un conselleiro ainu foi feito na Oficina Metropolitana de Seguridade Económica de Shinjuku, para que os ainus puidesen obter axuda para atopar emprego. Ukaji cubriu este posto durante uns meses, pero deixou de exercelo debido á intensa carga de traballo.
Durante a década de 1990, Ukaji comezou a estudar bordado. En 1996, volveu a Hokkaido para estudar os deseños tradicionais dos ainus e incorporalos no seu traballo. O seu traballo é tipicamente de lendas ainus, que cose ao tecido do quimono como un tapiz. Ela chama ao seu estilo "kofu-e" ou "imaxes de tela antiga". Tamén publicou libros infantís baseados nos seus tapices.
En 2004, Ukaji foi galardoado co Premio de Promoción da Cultura Ainu.
En 2006, Ukaji axudou a producir un filme titulado "Tokyo Ainu" sobre os ainus que viven en Tokyo e os prexuízos que experimentan cando comparten a súa orixe étnica.
Ukaji gañou o Premio Cultural Eiji Yoshikawa en 2011.
Obra selecta
Notas
Categoría:Nados en 1933 Categoría:Pobo ainu Categoría:Activistas ainus Categoría:Escritores do Xapón