Josep-Francesc Delgado i Mercader, nado en Barcelona o 6 de febreiro de 1960,"Josep Francesc Delgado i Mercader" na Gran Enciclopèdia Catalana . é un profesor de ensino secundario e premiado escritor de poesía e literatura infantil e xuvenil en catalán, con obra traducida ao inglés, aragonés, castelán, éuscaro e galego.
Traxectoria Pasou a infancia en Sitges, Mallorca e Menorca. Durante 1987 e 1988 escribiu a súa primeira novela: Si puges al Sagarmatha quan fumeja neu i vent (Premio Joaquim Ruyra 1987). É unha novela ambientada no Himalaia, onde un grupo de montañeiros cataláns tentan alcanzar o cumio do Everest (Sagarmatha en lingua nepalesa). O misterio xira arredor da desaparición de Mireia, a única muller integrante da expedición. Os membros da expedición reúnense poucos meses despois dos acontecementos en Barcelona para revivir as aventuras no Sagarmatha. Finalmente, todo ten que ver coas predicións que o Gran Lama lle fixera a Mireia e o misterio queda clarificado.
É cofundador da Associació de Joves Escriptors en llengua Catalana (AJELC) e membro da Associació d'Escriptors en Llengua Catalana (AELC).
Obra (selección) Si puges al Sagarmatha (1988) Publicado en galego en 2005 en tradución de Ignacio Chao, co n.º 87, na Colección Fóra de Xogo de Xerais: Sagarmatha en Google Books. L'empaitagrills i la noia de la Lluna (1993, premi Guillem Cifre de Colonya) El mussol Oriol i el lladre de les endevinalles (1994) El mag i l'estrella (1996) Per què els nens no tenen por de l'home del sac jove (1996) Endevina, endevinaràs quin animal seràs (1995) Ulldevellut (1999, premi Josep M. Folch i Torres) El concertista d'ocells (2002). Publicada en galego como O concertista de paxaros. Els llops de la lluna roja (2002, premi Ramon Muntaner) L'Alba ja no va tenir por (2003) Papitis (2004) Mamitis (2005)
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Associació d'Escriptors en Llengua Catalana . Josep-Francesc Delgado no sitio web de Grup 62 .
Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Nados en 1960 Categoría:escritores en lingua catalá Categoría:Poetas en lingua catalá Categoría:Escritores de literatura infantil de Cataluña Categoría:Profesores de educación secundaria