Antoinette Louisa Brown, por matrimonio Antoinette Brown Blackwell, nada o 20 de maio de 1825 e finada o 5 de novembro de 1921, foi unha escritora e activista social, coñecida por ser a primeira muller en ser ordenada ministra dunha Igrexa Unitaria nos Estados Unidos .

Traxectoria Foi unha oradora sobre os principais temas da súa época (como os dereitos das mulleres, a loita contra a escravitude e o movemento pola templanza ) e distinguiuse dos seus contemporáneos polo uso da fe relixiosa nos seus esforzos por mellorar os dereitos das mulleres.

Casou con Samuel C. Blackwell, irmán de Elizabeth Blackwell e cuñado de Lucy Stone, con quen compartiu a loita pola defensa dos dereitos das mulleres.

Antoinette B. Blackwell publicou en 1875 The Sexes Throughout Nature, onde analizaba a obra de Darwin converténdose na primeira muller en facer unha crítica feminista a súa obra.

Foi elixida para o Salón da Fama da Muller Nacional en 1993 .

Libros

Studies in General Science (1869) The Sexes Throughout Nature (1875) The Physical Basis of Immortality (1876) The Philosophy of Individuality The Making of the Universe (1914) The Social Side of Mind and Action (1915) The Island Neighbors (1871) —novela— Sea Drift (1902) —poesía— Notas

Categoría:Nados en 1825 Categoría:Escritores dos Estados Unidos de América Categoría:Finados en 1921 Categoría:Personalidades do protestantismo dos Estados Unidos de América