miniatura|240px|Cistus salviifolius A das cistáceas (Cistaceae) é unha familia de plantas fanerógamas da orde das malvales.Cistaceae no GBIF. Consultado o 13 de decembro de 2021.
Con de 170 a 200 especies distribuídas en 7 ou 9 xéneros, segundo os autores, son propias de zonas temperadas, en especial da rexión mediterránea.
Taxonomía Descrición A familia foi descrita en 1789 polo médico e botánico francés Antoine Laurent de Jussieu na súa obra Genera plantarum, secundum ordines naturales disposita juxta methodum in Horto Regio Parisiensi exaratam. París: Herissant et Theophile Barrois.Cistaceae Juss. no IPNI.
Sinónimo Ademais de polo nome actualmente válido, a familia coñeceuse tamén polo sinónimo:Cistaceae no ITIS. Consultado o 13 de decembro de 2021. Helianthemaceae (heliantemáceas).
Xéneros O ITIS considera os xéneros seguintes: Cistus L. (xénero tipo) Crocanthemum Spach Halimium (Dunal) Spach Helianthemum Mill. Hudsonia L. Lechea L. Tuberaria (Dunal) Spach
Características Son plantas arbustivas (Cistus laurifolius), subarbustivas (Helianthemum canum) ou herbáceas (Tuberaria guttata).
Teñen follas simples, opostas (ás veces alternas), coriáceas, ás veces co bordo revoluto, xeralmente con pelos estrelados, con ou sen estípulas, e presentan glándulas con resinas e aceites.
Flores hermafroditas, actinomorfas, solitarias o reunidas en acios o en corimbos; cáliz con 5 sépalos, os 2 externos pequenos ou ás veces ausentes; corola con 5 pétalos fugaces, grandes, e cunha curta uña que, ás veces, está manchada; corolas de 3 pétalos; estames numerosos, como adoita ser xeralmente o caso nas demais familias da orde; xineceo súpero, con 3, 5, 8 o 10 carpelos.
Froitos en cápsula loculicida.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Rock Rose Family. Cistaceae na EOL.
Categoría:Cistaceae