Matilde de Flandres, nada c. 1031 e finada o 2 de novembro de 1083, foi a esposa do rei de Inglaterra Guillerme o Conquistador.

Traxectoria Era filla do conde de Flandres Balduíno V e Adela, e, a través dela, neta do rei Roberto II de Francia. Casou con Guillerme en 1053, cando el só era duque de Normandía. Ela axudoulle a se preparar para a invasión de Inglaterra e deulle once fillos.

Morreu en 1083 aos 51 anos. Despois da súa morte Guillerme volveuse máis despótico e este cambio de carácter foi atribuído á perda de Matilde. Devanceiros

Matrimonio e descendentes Matilde casou con Guillerme en 1053, na capela de Notre Dame en Eu (Normandía). O número de fillos que tiveron é incerto e varía segundo as fontes, pero parece estar entre os nove e os doce. Os nove fillos nos que hai unanimidade son:

Roberto II de Normandía (1054 - 1134 ) herdou o ducado de Normandía do seu pai. Ricardo de Bernay (c. 1055 - c. 1081), duque de Bernay, morreu por mor dun cervo en New Forest. Adeliza (ou Alicia) (c. 1055 - c. 1065), prometida a Haroldo II de Inglaterra. Cecilia (c. 1056 - 1126 ), abadesa da Santísima Trindade, Caen. Guillerme II "Rufus" (c. 1056-1100) herdou o Reino de Inglaterra de seu pai. Ágata (c. 1064 - 1079 ), prometida a Afonso VI de Castela. Constanza (c. 1066 - 1090 ), casada co duque Alain IV de Bretaña. Adela (c. 1067 - 1137 ), casada co conde Estevo II de Blois. Henrique I "Beauclerc" ( 1068 - 1135 ) herdou o Reino de Inglaterra á morte do seu irmán Guillerme.

Categoría:Raíñas consortes de Inglaterra Categoría:nados no século XI Categoría:finados en 1083