Hans Staden é un filme brasileiro e portugués de 1999, de xénero drámatico e biográfico, escrito, producido e dirixido por Luiz Alberto Pereira en base á obra Warhaftige Historia und beschreibung eyner Landtschafft der Wilden Nacketen, Grimmigen Menschfresser-Leuthen in der Newenwelt America gelegen de Hans Staden. Foi distribuído por RioFilme.
Sinopse O filme narra a historia do soldado e mariñeiro alemán Hans Staden que, a comezos do século XVI, foi capturado por unha tribo tupinamba, inimiga dos colonizadores portugueses.
Personaxes
Carlos Evelyn como Hans Staden Ariana Messias como Nairá Darci Figueiredo como Ipiru Beto Simas como Nhaepepô Milton de Almeida como Alkindar Stênio Garcia como caraíba Sérgio Mamberti como Jacó Cláudia Liz como Marabá Reynaldo Puebla como Guaratinga Açu Hissa de Urkiola como Ibirapema Mário Jacques como capitán Macsuara Kadiweu como Cunhambebe Carol Li como Joacy Alfredo Penteado como Caruata Antonio Peyr como Perot Daniel Portela como cacique Walter Portela como Abati Pogança Jefferson Primo como Paraguá Reynaldo Puebla como Guaratinga Valdir Raimundo como Maracajá Valdir Ramos como Japi Isaac Iauaretê como Jaguar Francisco di Franco Amanda Cardonés Julio Guimaraes no papel de Pindobuçu
Produción O equipo de produción visitou Portugal por dez días para conseguir unha réplica da carabela portuguesa en tamaño real usada no filme. As escenas con chuvia real foron filmadas en Ubatuba, na costa do estado de São Paulo, onde o filme foi rodado e tamén nesa cidade foi construída unha réplica dunha auténtica aldea tupinamba do século XVI. Na aldea, a rodaxe durou 32 días. A produción contou cun lingüista e filólogo da lingua tupí Eduardo de Almeida Navarro, quen ensinou a gramática ao elenco. A lingua falada polos tupinambas do século XVI foi auxiliada polo lingüista Helder Ferreira, que deu apoio ao elenco en aspectos como a aprendizaxe e a pronuncia. O canto e a danza dos indios, reproducidos no filme, foron desenvolvidos por Marlui Miranda, compositora da música principal e importante investigadora dos rituais indíxenas brasileiros. Varios membros de pobos indíxenas do Brasil como os xavante, os kadiwéu, os mundurucús, os quechuas e os guaranís, participaron do filme.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Ficha en AllMovie
Categoría:Filmes de 1999 Categoría:Filmes en lingua alemá Categoría:Filmes en lingua tupí Categoría:Filmes en lingua portuguesa Categoría:Filmes de Portugal Categoría:Filmes do Brasil Categoría:Filmes dirixidos por Luiz Alberto Pereira Categoría:Filmes sobre canibalismo Categoría:Filmes sobre pobos indíxenas do Brasil Categoría:Filmes ambientados no século XVI