miniatura|250px|Entrada da atracción T2-3D: Battle Across Time en Universal Studios Florida. T2-3D: Battle Across Time (tamén coñecido como Terminator 2: 3D e estilizado como T2 3-D) é unha atracción de Universal Studios Japan, con antigas localizacións en Universal Studios Hollywood e Universal Studios Florida. A versión do espectáculo en Universal Studios Hollywood pechou en 2012, e a versión de Universal Studios Florida pechou o 8 de outubro de 2017.
A atracción é unha pequena secuela de Terminator 2: O xuízo final e reúne ao director James Cameron e o elenco principal do filme, incluíndo a Arnold Schwarzenegger como Terminator, Linda Hamilton como Sarah Connor, Edward Furlong como John Connor e Robert Patrick como o T-1000. O espectáculo presentouse en dúas partes; un pre-show onde unha anfitrioa da compañía Cyberdyne Systems mostra aos convidados un breve vídeo de presentación sobre as innovacións da compañía, e o espectáculo principal, onde os intérpretes en directo interactúan cunha película en 3D.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Categoría:Filmes de 1996 Categoría:Filmes de Lightstorm Entertainment Categoría:Filmes dirixidos por Stan Winston Categoría:Filmes dirixidos por James Cameron