Eva Kjer Hansen, nada o 26 de agosto de 1963 en Aabenraa, é unha política dinamarquesa.

Traxectoria Estudou ciencias políticas e realizou estudos de xornalismo, é membro do Folketinget desde 1990 polo Partido Liberal, foi parlamentaria europea (1994-1999) e desde o 2 de agosto é ministra de Asuntos Sociais e ministra de Igualdade de Xénero no goberno de Anders Fogh Rasmussen.

Categoría:Políticos de Dinamarca Categoría:Nados na rexión de Syddanmark Categoría:Nados en 1963