María Olaia Fernández Davila, nada en Castrelos, Vigo, o 27 de xaneiro de 1954, é unha política galega.
Traxectoria Iniciou o seu traballo político nos anos setenta no sindicalismo nacionalista en Vigo, onde foi secretaria zonal da INTG, e tamén responsábel nacional da secretaría da Muller. Olaia Fernández foi deputada no Parlamento de Galicia polo Bloque Nacionalista Galego desde 1993 e até o ano 2003. Desenvolveu a súa actividade parlamentaria en temas relacionados co emprego, a sanidade, o comercio e os servizos sociais. Foi unha das impulsoras da comisión non permanente para a Igualdade e para os Dereitos das Mulleres.
Dentro do BNG, foi membro do Consello Nacional desta formación política desde a 1995 até o ano 2003. Foi membro tamén da Executiva Nacional desta formación onde desenvolveu a responsabilidade da secretaría de Acción Social.
Nas eleccións municipais do ano 2003 foi elixida concelleira en Vigo. Foi elixida deputada no Congreso dos Deputados pola circunscrición de Pontevedra en 2004, 2008 e 2011. Desenvolveu o seu traballo parlamentario especialmente no eido agro-pesqueiro, social, laboral e sanitario.
A Mesa do Parlamento acordou, por unanimidade, concederlles a Medalla do Parlamento de Galicia 2026 ás nove deputadas autonómicas da IV Lexislatura que hai trinta anos participaron na Conferencia Mundial da Mulller celebrada en Beijing (entre elas María Xosé Ares Casal), así como á exconselleira e deputada Manuela López Besteiro.
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Notas
Ligazóns externas Ficha na páxina web do Congreso dos Deputados
Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo BNG Categoría:Nados en Vigo Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo BNG Categoría:Nados en 1954 Categoría:Sindicalistas da INTG Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura) Categoría:Deputados da IV Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da V Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados da VI Lexislatura do Parlamento de Galicia