Arsenio Fernández de Mesa Díaz del Río, nado o 20 de xullo de 1955 en Ferrol, é un político galego do Partido Popular.

Traxectoria Iniciouse en política en grupos falanxistas de Ferrol tras a morte de Franco, grupos que se adicaban a ameazar sindicalistas e demócratas. O 14 de maio de 1977 acudiu a Cedeira vestido de falanxista á inauguración polo exministro franquista Gonzalo Fernández de la Mora dun monumento a Franco."Fernández de Mesa: de patrullar con falangistas a consejero de Red Eléctrica pasando por la Guardia Civil", artigo de Aníbal C. Malvar en Público, 1 de abril de 2015 .

En 1979 entrou a traballar como axudante de xardinaría no porto de Ferrol, coa categoría de funcionario do Estado (Grupo D). Foi delegado comercial e inspector de pinturas para barcos no Departamento Marítimo da empresa International Marine Coatings con delegación no porto de Ferrol. Comeza a súa carreira política como concelleiro de Ferrol (1983-1991), foi tenente de alcalde de Ferrol (1987-1989). Nas Eleccións Xerais de 1989 foi elixido deputado no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña (1989-2000). Foi Delegado do goberno en Galicia (2000-2008) e durante a catástrofe do Prestige (2002) a súa actuación foi moi criticada pola oposición, Nunca Máis e ecoloxistas. Nas Eleccións Xerais de 2008 volveu ser reelixido deputado pola provincia da Coruña, e tamén nas de 2011.

En decembro dese mesmo ano foi designado director xeral da Garda Civil por Mariano Rajoy, en substitución de Francisco Velázquez, que ata daquela compartía a responsabilidade sobre a Policía e a Garda Civil. Cesou como director da Garda civil o 18 de novembro de 2016 e en xaneiro de 2017 foi nomeado conselleiro de Red Eléctrica de España."Red Eléctrica coloca a otro político del PP: nombra consejero a Arsenio Fernández de Mesa". artigo en elDiario.es, 31 de xaneiro de 2017 .

Vida persoal Está casado e ten tres fillos.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Concelleiros de Ferrol Categoría:Concelleiros de Galicia durante a democracia Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia da Coruña Categoría:Delegados do goberno en Galicia Categoría:Nados en Ferrol Categoría:Nados en 1955 Categoría:Directores xerais da FAO Categoría:Directores xerais da Garda Civil Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IX Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VIII Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (IV Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (V Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VI Lexislatura) Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (VII Lexislatura)