O ás (en latín, unidade) era a moeda base do sistema monetario da república romana, unha moeda de bronce que equivalía ó comezo ó peso dunha libra romana (273 gr), aínda que progresivamente foi reducindo o seu tamaño. Introduciuse arredor do 280 a.C. Tras a reforma monetaria de Augusto, coa introdución do ouro no sistema monetario, o denario como unidade base da moeda de prata e unha nova moeda de oricalco, o sestercio, o ás seguiu a se cuñar pero xa como unha moeda de cobre, de moi baixo valor (10,9 g), ata o século III. Divisores miniatura|Ás datado contra o 240-225 a.C.dextans (5/6) dodrans (3/4) bes (2/3) semis (1/2) quincunx (5/12) triens (1/3) quadrans (1/4) sextans (1/6) uncia (onza) (1/12) semuncia (1/24) quartuncia (1/48)
Múltiplos dupondius (2) sestertius (2.5) tressis (3) quadrussis (4) quincussis (5) denarius (10)
Galicia En Galicia o ás foi a primeira moeda que se cuñou, xunto ó denario, no ano 25 a.C. na ceca móbil de Lugo. Utilizouse para pagar ó exército romano e tiña un peso aproximado de 10 gr.
Véxase tamén
Outros artigos
Moeda da Antiga Roma Moeda provincial romana Moeda etrusca Reforma monetaria de Augusto
Bibliografía
Cohen, Henry. Description historique des monnaies frappées sous l'Empire romain. MM. Rollin & Feuardent. 2ª edición. París, 1880-1892 (Tomo I: 1880. Tomo II: 1882. Tomo III: 1883. Tomo IV: 1884. Tomo V: 1885. Tomo VI: 1886. Tomo VII: 1888. Tomo VIII: 1892 (mais táboa de emperadores).
Crawford, M. H. Coinage and Money Under the Roman Republic. University of California Press. Berkeley. 1985. ISBN 0-520-05506-3.
As Categoría:Moedas fóra de curso Categoría:Numismática de Galicia