Manuel Rey Busto, nado en Santiago de Compostela en 1902 e finado en Lugo o 25 de febreiro de 1985, foi un médico e político galego.
Traxectoria Fillo de Francisco Rey Villanueva e Adelaida Busto e sobriño de Gumersindo Busto. Sendo estudante de Medicina na Universidade de Santiago de Compostela promoveu a creación da Residencia de Estudantes,La Voz de Galicia, 25-2-1927, p. 4. e foi presidente da Unión de Estudiantes compostelanos en 1927,El Compostelano, 23-12-1927, p. 2. dimitindo do cargo en xaneiro do ano seguinte.El Eco de Santiago, 9-1-1928, p. 2. Foi presidente do Club Deportivo Rápido.El Eco de Santiago, 14-9-1928, p. 2. Colaborou en El Compostelano, El Eco de Santiago e Eco de Galicia. Licenciado en Medicina en 1934, foi axudante de clases prácticas na Facultade de Medicina. Na Segunda República militou no Partido Republicano Radical Socialista, do que foi elixido vogal da executiva local de Santiago de Compostela presidida por Xesús San Luís Romero en setembro de 1931,El Eco de Santiago, 1-9-1931, p. 2. e despois en Unión Republicana, da que foi nomeado presidente en Santiago o 9 de xullo de 1936, con Rafael Frade Peña como secretario xeral.
Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado en agosto e depurado co resultado de inhabilitación absoluta para todas as universidades españolas. No franquismo integróuse no Corpo de médicos da Asistencia Pública Domiciliaria e abriu un consultorio na rúa do Vilar de Santiago de Compostela, e inaugurou unha consulta gratuíta para pobres en 1939.El Compostelano, 27-2-1939, p. 2. En 1944 foi nomeado médico municipal de Lourenzá.El Correo Gallego, 2-6-1944, p. 2. Logo da morte do guerrilleiro Luís Trigo Chao en 1948 foi procesado.Homenaxe da Mariña ao guerrilleiro O Gardarríos Despois foi médico de Santiso de Abres e Riotorto. Pasou os seus últimos anos en Ribadeo e finou en Lugo o 25 de febreiro de 1985.La Voz de Galicia, 26-2-1985, p. 53.
Vida persoal
Casou en Santiago de Compostela con María Aenlle García en xaneiro de 1941.El Correo Gallego, 7-1-1941, p. 2. María finou en maio do ano seguinte,El Compostelano, 18-5-1942, p. 2, 3. e Manuel volveu casar en Ribadeo coa farmacéutica Generosa de la Barrera Rodríguez nos anos corenta e foi pai de Manuel e Adelaida Rey de la Barrera. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Fotografía en Riotorto
Categoría:Médicos de Santiago de Compostela Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1985