José Maroño Calvo, nado en Santiago de Compostela o 12 de novembro de 1907 e finado na mesma cidade o 3 de decembro de 1936, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria Fillo de Benito Maroño Nováis e Josefa Calvo Hermida e irmán de Manuel Maroño Calvo. Tipógrafo no diario El Compostelano. Militante das Juventudes Socialistas. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 formou parte do Comité Executivo da Fronte Popular de Compostela. Foi detido polo artilleiro José María Iglesias Calvo e un compañeiro cando ían deter a Santiago Suárez Campos, que denunciou a Maroño no momento da detención. Conducido aos calabozos de Raxoi, foi xulgado no consello de guerra contra os doce membros do Comité da Fronte Popular o 19 de novembro e condenado á pena de morte.El Eco de Santiago, 19-11-1936, p. 2. Fusilárono nas inmediacións do cemiterio de Boisaca o 3 de decembro de 1936 co seu irmán Manuel Maroño Calvo, Modesto Pasín Noya, Fernando Domínguez Caamaño, Luís Martínez Nouche, Francisco Ponte Ces, Rafael Pardo Carmona, Rafael Frade Peña, Luis Rastrollo González e José Germán Fernández.El Eco de Santiago, 3-12-1936, p. 3.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Políticos do PSOE Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Santiago de Compostela Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Fusilados