João Francisco Mendonça Júnior, nado en Luanda o 16 de decembro de 1929 e finado o 15 de xaneiro de 2012, foi un futbolista portugués, de orixe angolana. Xogaba de dianteiro e era irmán dos tamén futbolistas Fernando e Jorge Mendonça.
Traxectoria Naceu en Luanda, capital da África Occidental Portuguesa. Súa nai era angolana e seu pai un portugués enviado a Angola para traballar no Observatorio Meteorolóxico. Este foi fundador do Sporting Clube de Luanda. A familia trasladouse logo a Portugal. Alí comezou a xogar xunto a seus irmáns na canteira do Sporting de Lisboa. Militou no Juventude de Évora, no Vitória de Setúbal, no Torreense, e no Sporting de Braga.
En 1958 chegou a Galicia xunto aos seus irmáns Fernando e Jorge para tentar salvar ao Deportivo da Coruña do descenso á Terceira División, cando só faltaban unhas poucas xornadas para o remate da tempada e o club ocupaba postos de descenso directo. Pero finalmente non puido xogar debido a problemas burocráticos, aínda que si o fixeron seus irmáns. Regresou entón a Portugal, onde xogou de novo no Vitória e logo no Gil Vicente.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Datos do xogador en zerozero.pt .
Categoría:Nados en 1929 Categoría:Nados en Luanda Categoría:Finados en 2012 Categoría:Futbolistas de Angola Categoría:Futbolistas de Portugal Categoría:Dianteiros de fútbol Categoría:Xogadores do SC Braga Categoría:Xogadores do Vitoria FC Categoría:Xogadores do Gil Vicente Futebol Clube