María Novas Ferradás, nada en 1987 en Bueu, é unha arquitecta galega.
Traxectoria Estudou Arquitectura na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña. Posteriormente realizou o máster en Investigación Aplicada en Estudios Feministas (UJI) e o máster en Renovación Urbana e Rehabilitación da Universidade de Santiago de Compostela.
En 2012, xunto a Sofía Paleo creou o blog Dexeneroconstrución co obxectivo de achegar a perspectiva de xénero á arquitectura. Tamén publicou artigos e libros que exploran a influencia dos movementos feministas na arquitectura e o urbanismo.
En 2023, residía nos Países Baixos onde traballou como docente e investigadora invitada na Universidade Técnica de Delft e na Academia das Artes de Tilburg nos Países Baixos, ademais de realizar o seu doutoramento en Historia e Teoría da Arquitectura na Universidade de Sevilla.
En 2023, a Bienal de Arquitectura distinguiuna na modalidade de investigación polo seu traballo "Arquitectura y género. Una introducción posible".
Obra
Arquitectura y género : una introducción posible (2021). Santa Cruz de Tenerife: Melusina. ISBN 978-84-18403-37-8
Libros colectivos
Árbores que non arden. As mulleres na prevención de incendios forestais (2019). Catro Ventos Ed. ISBN 978-84-949154-6-8. Galiza e o decolonialismo (2023). Fundación Luís Seoane.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Urbanismo feminista
Ligazóns externas
Dexenero [Dexeneroconstrucion]
Categoría:Arquitectos de Galicia do século XXI Categoría:Nados en Bueu Categoría:Nados en 1987 Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela