O efecto Aharonov-Bohm é un fenómeno cuántico descrito en 1949 por Werner Ehrenberg e Raymond Eldred Siday e redescuberto en 1959 por David Bohm e Yakir Aharonov: o patrón de interferencia entre dous feixes de electróns pode modificarse pola presenza dun campo magnético fóra das traxectorias clásicas dos electróns. O efecto Aharonov-Bohm é unha evidencia cuántica de que o momento linear (cantidade de movemento clásico) das partículas de carga está dado por onde é o vector potencial e é o impulso.

En 1985, Akira Tonomura et al., realizaron un experimento que verificaría o efecto, que unha fonte coherente de electróns ao longo de diferentes camiños a través dun pequeno toroide revestido cunha película superconductora, as pequenas dimensións son de aproximadamente ~ 10 µm. Cando os electróns pasan a través do toroide, as franxas de interferencia toroidal xéranse a partir da luz que pasa polo pequeno toroide mostrando a diferenza de fase que é xerada na partícula cargada polo vector potencial nas rexións onde o campo e nulo.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

. Mecánica Cuántica, Volume 1, Apéndice III, §4.b, C Cohen Tanoudji, B Diu, F Laloe, Hermann 1997,

Ligazóns externas David Bohm Society: The Aharonov-Bohm Effect (arquivado en archive.org) The Quantum Experiment that ALMOST broke Locality (O experimento cuántico que CASE rompeu a localidade) - YouTube

Categoría:Física atómica Categoría:Física de partículas Categoría:Magnetismo Categoría:Mecánica cuántica Categoría:Fenómenos físicos