Máté Zalka (en húngaro, Zalka Máté), nado en Tunyogmatolcs (Hungría) o 23 de abril de 1896 e finado en Huesca o 11 de xuño de 1937, foi un escritor e revolucionario internacionalista de orixe xudía.Russian Jewish Encyclopedia Surnames starting with the letter ZPerez, Wendell Aycock «The Spanish Civil War in Literature», pág. 82 O seu nome real era Béla Frankl, aínda que durante a Guerra Civil Española foi coñecido tamén como Paul Lukács e Xeneral Lukács. Combateu na primeira guerra mundial e na Guerra Civil Española, como membro das Brigadas Internacionais. Foi condecorado coa Orde do Estandarte Vermello da Unión Soviética e a Orde da Liberación de España, a título póstumo.Enciclopedia Jronos -Biografía de Máté Zalka

Traxectoria Naceu en 1896 en Tunyogmatolcs, ao nordés de Hungría, no seo dunha familia xudía,Russian Jewish Encyclopedia Surnames starting with the letter ZPerez, Wendell Aycock «The Spanish Civil War in Literature», pág. 82 de pai hostaleiro. Graduouse na escola secundaria Polgári Iskola en Mateszalka, máis tarde rebautizada na súa honra.Gran Enciclopedia Sovietica

Primeira guerra mundial Co estalido da primeira guerra mundial foi mobilizado polo exército do Imperio Austrohúngaro como oficial subalterno. Combateu en Italia e a fronte oriental onde, en xuño de 1916, foi ferido e capturado polas tropas rusas en Lutsk, Ucraína. Estivo recluído nun campo de prisioneiros, onde foi influenciado polo comunismo.Enciclopedia Jronos -Biografía de Máté Zalka

Exército Vermello No outono de 1919 escapou do campo de prisioneiros de Krasnoiarsk (Rusia) e formou un grupo de partisanos. A principios de 1920 uniuse ao Exército Vermello,Enciclopedia Jronos -Biografía de Máté Zalka co que combatería en distintas frontes bélicas da Guerra Civil Rusa. Ese mesmo ano participou na liberación de Krasnoiarsk e converteuse en membro do Partido Comunista Ruso (bolxevique).

Tamén en 1920 combateu contra as tropas polacas durante a chamada Guerra Polaco-Soviética, e participou na Batalla de Kíiv.

Actividade literaria e cultural Tras o estabelecemento da Unión Soviética en 1922, Zalka ficou en Moscova, onde comezou a súa actividade literaria, tanto en húngaro como en ruso. Entre 1925 e 1928 foi director do Teatro da Revolución (posteriormente Teatro Makhakowski). O seu primeiro conto foi publicado en 1924 e o primeiro volume publicouse en ruso en Moscova. Os temas das súas obras eran, principalmente, os acontecementos da primeira guerra mundial e da Guerra Civil Rusa. Nesta etapa da súa vida tivo os seus primeiros contactos co comunismo. As obras literarias de Máté Zalka foron dedicadas principalmente a temas militares.

O seu primeiro conto publicado, "Porse ao día", publicado en 1924, tratou sobre a Guerra Civil en Rusia. O mesmo tema aparece nos escritos posteriores "Ataque de cabalaría", en 1929, e "Mazás", en 1934. O motivo principal da súa obra é a fraternidade internacional. A súa obra máis famosa foi "Doberdo", novela escrita en 1937, pouco antes da súa partida a España.

Brigadas Internacionais En novembro de 1936 incorporouse ás Brigadas Internacionais na Guerra Civil Española, como outros comunistas da URSS. Foi nomeado Comandante en Xefe da XII Brigada InternacionalEnciclopedia Jronos -Biografía de Máté Zalka e participou, co seu adxunto Alexei Eisner, na defensa da capital e nos combates da Cidade Universitaria de Madrid. Debido aos seus éxitos, foi crecendo a súa popularidade, e pronto foi coñecido como Xeneral Paul Lukács. A comezos do verán de 1937 foi enviado á Fronte de Aragón ao mando dunha mestura de unidades das Brigadas Internacionais (a posterior 45ª División Internacional) para intervir na Ofensiva de Huesca. A cidade atopábase completamente asediada desde o comezo da guerra.

O 11 de xuño, mentres realizaba unha inspección da fronte no seu vehículo persoal, un obús de artillaría alcanzouno e morreu no acto. Foi substituído no mando da división polo xeneral Emilio Kléber, militar de sona das Brigadas Internacionais.

Repatriación dos seus restos Os seus restos foron enterrados inicialmente no sur da España republicana, mais serían recuperados pola súa familia tras o final do franquismo. O sobriño de Zalka, quen tamén loitou na guerra española, foi convidado pola familia real española a unha cerimonia para celebrar o fin da Guerra Civil. Os restos de Zalka foron trasladados a Hungría e sepultados nun cemiterio militar en Budapest, xunto con outros altos heroes militares húngaros.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Ligazóns externas Reseña biográfica, en ruso Obras escritas por el autor, en húngaro

Categoría:Militares da Unión Soviética Categoría:Militares de Hungría Categoría:Nados en 1896 Categoría:Finados en 1937