miniatura|Proteína fluorescente amarela, Zoanthus A proteína fluorescente amarela, abreviada como YFP (do inglés yellow fluorescent protein), é un mutante xenético da proteína fluorescente verde (GFP, green fluorescent protein) extraída orixinalmente da augamar Aequorea victoria. O seu pico de excitación é de 513 nm e o seu pico de emisión é de 527 nm. Como a súa predecesora a GFP, a YFP é unha ferramenta útil en bioloxía molecular e celular, porque os picos de excitación e emisión da YFP son distinguibles dos da GFP, o que posibilita o estudo de múltiples procesos ou proteínas nun mesmo experimento.

Tres versións melloradas da YFP son Citrine, Venus e Ypet. Teñen unha reducida sensibilidade ao cloruro, maduración máis rápida e un brillo incrementado (definido como o produto do coeficiente de extinción e o rendemento cuántico). Tipicamente, a YFP serve como o aceptor de sensores FRET codificados xeneticamente, dos cales o doante máis probable é a proteína fluorescente ciano (mCFP). O desprazamento ao vermello en relación coa GFP é causado por unha interacción de empillamento Pi-Pi como resultado da substitución T203Y introducida pola mutación, que incementa esencialmente a polarizabilidade do ambiente cromóforo local así como proporciona unha densidade electrónica adicional no cromóforo.

"Venus" contén unha nova substitución de aminoácido (F46L) que acelera a oxidación do cromóforo a 37 °C, o paso limitante da maduración. A proteína ten outras substitucións (F64L/ M153T/ V163A/ S175G), que permiten que Venus teña un bo pregamento e dálle unha tolerancia relativa á acidose e ao Cl−.

Evolución da YFP a partir da GFP Foron necesarias catro mutacións a partir do tipo silvestre da GFP atopadas na augamar Aequorea victoria para crear o mutante YFP. A mutación máis importante foi a substitución de treonina por tirosina no residuo na posición 203 (a substitución denomínase T203Y, onde T e Y representan a abreviatura dunha letra dos aminoácidos treonina e tirosina, respectivamente).

Notas

Véxase tamén Outros artigos Proteína fluorescente verde Proteína fluorescente vermella

Ligazóns externas Introduction to fluorescent proteins EYFP en FPbase

Categoría:Proteínas fluorescentes Categoría:Fluorescencia Categoría:Bioluminescencia Categoría:Técnicas de laboratorio