miniatura|A resposta bioluminescencia ao Ca2+ local despois da inxección intraperitoneal de tdTA recombinante nun rato anestesiado. Móstrase unha transparencia da imaxe de reflexión do rato (escala gris) e a bioluminescencia inducida polo Ca2+ (pseudocor vermella).

A proteína fluorescente vermella, (RFP, red fluorescent protein) é un fluoróforo que emite fluorescencia vermella-laranxa cando é excitado. Desenvolvéronse varias variantes usando mutaxénese dirixida. A proteína orixinal illouse do cnidario Discosoma e denominouse DsRed. Agora están dispoñibles outras que fluorescen en laranxa, vermello e vermello distante.

A RFP é dunha masa molecular de aproximadamente 25,9 kDa. O máximo de excitación é de 558 nm e o máximo de emisión é de 583 nm.

A primeira proteína fluorescente vermella que se descubriu, a proteína fluorescente verde (GFP), foi adaptada para identificar e desenvolver marcadores fluorescentes noutras cores. Variantes como a proteína fluorescente amarela (YFP) e a proteína fluorescente ciano (CFP) descubríronse en antozoos.

Un aspecto importante das proteínas fluorescentes é o tempo que hai que agardar entre a síntese de proteínas e a expresión da fluorescencia. DsRed ten un tempo de maduración de arredor de 24 horas, o cal fai que sexa inutilizable en moitos experimentos que teñen lugar nun intervalo de tempo máis curto. Ademais, DsRed ten forma tetramérica, o cal pode afectar o funcionamento das proteínas ás cales é ligada. Por medio da enxeñaría xenética mellorouse a utilidade da RFP ao incrementar a súa velocidade de desenvolvemento da fluorescencia e creando variantes monoméricas. Entre as variantes melloradas da RFP están as seguintes: mFruits (mCherry, mOrange, mRaspberry), mKO, TagRFP, mKate, mRuby, FusionRed, mScarlet e DsRed-Express.

DsRed é máis axeitada para obtención de imaxes ópticas que a EGFP.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas DsRed en FPBase

Categoría:Proteínas fluorescentes Categoría:Fluorescencia Categoría:Bioluminescencia Categoría:Técnicas de laboratorio