O Festival Eurovisión de 1962 foi a 7º edición do Festival de Eurovisión e foi realizado o 18 de marzo de 1962 en Luxemburgo. Mireille Delanoy foi a presentadora do festival. Gañou a cantante francesa Isabelle Aubret, que representou a Francia coa canción "Un premier amour", facendo de Francia o primeiro país a gañar o certame tres veces. Esta edición foi a única que se realizou nun serán de domingo. Por primeira vez, o top 3 foi constituído por 3 cancións interpretadas na mesma lingua, o francés.

Debido ao feble sistema de votación, onde apenas 3 países (de 16) eran puntuados por cada país, Austria, Bélxica, España e os Países Baixos partillaron o derradeiro lugar, con 0 puntos. Por primeira vez na historia, houbo "puntos nulos".

Local esquerda|miniatura|250x250px|O Villa Louvigny, no Luxemburgo. O Festival de Eurovisión de 1962 ocorreu na capital de Luxemburgo. A cidade do Luxemburgo é unha comuna de Luxemburgo con status de cidade, pertencente ao distrito de Luxemburgo e ao cantón de Luxemburgo.

Luxemburgo é unha cidade moi desenvolvida social e economicamente. Luxemburgo é unha das cidades máis ricas da Europa e tornouse un importante centro financeiro e administrativo. Na cidade están varias importantes institucións da Unión Europea, entre as que están o Tribunal de Xustiza Europeo, o Tribunal de Contas e o Banco Europeo de Investimento.

O festival en si realizouse no Villa Louvigny, no sur do Luxemburgo, que foi a sede da Compagnie Luxembourgeoise de Télédiffusion, o antecesor do actual RTL Group. Está localizado nun grande parque, ó Parque Municipal, no barrio Ville Haute do centro da cidade.

Formato e vídeo O vídeo introdutorio comezou cunha vista aérea da Villa Louvigny. Mentres a orquestra interpretou o instrumental de "Nous les amoureux", a canción vencedora do festival de 1961, a cámara ofreceu unha imaxe da sala, e enfocou ó público e, finalmente, á orquestra.

A presentadora foi Mireille Delannoy, que abriu a noite co inevitábel "Boa noite, Europa!", seguido da mesma apertura nalgunhas linguas dos países participantes. Concluíndo con: "Boa noite, millóns de amigos!".

A decoración lembraba as mansións do século XVI con adornos e flores. O salón principal estaba cheo de personalidades, principalmente francesas, convidadas pola Télé Luxembourg. A orquestra, os artistas e o cadro de votación foron colocados no mesmo escenario, a orquestra á esquerda, os artistas no centro e o cadro de votación á dereita. O pano de fondo que cubría ós artistas tiña unha entrada, unha balaustrada de ferro forxado, columnas e xanelas. Polas xanelas podíase ver un ceo pintado de estrelas.

Unha nova regra foi introducida; o límite das cancións a 3 minutos de duración. Esta regra segue vixente a día de hoxe.

As cancións participantes foron interpretadas sen presentación individual. Un pequeno incidente ocorreu após a canción de Francia, un corte da corrente xeral apagou as luces do auditorio, deixándoo ás escuras.

Alemaña, con Conny Froboess e a súa canción "Zwei kleine Italiener" (en galego: dous pequenos italianos) era unha das grandes favoritas á vitoria. Con todo, ficou no 6º lugar, con apenas 9 puntos.

Despois da derradeira música, pareceu que podía entrar un participante sorpresa. Realmente, tratábase do famoso pallaso Achille Zavatta que representou "Zavattaland" e tocou distintos instrumentos musicais que incluso colleu dos músicos da orquestra, antes de ser "detido" por dous mozos de seguridade.

Votación Un novo sistema de votación for utilizado. Cada país tivo un xulgado formado por 10 xuíces que asinaban 3, 2 e 1 punto as súas 3 cancións favoritas. Sumando os puntos totais de todos os xuíces de cada país quedou unha lista cas cancións favoritas dese país. As tres cancións favoritas recibiron 3 puntos, 2 puntos e 1 punto, respectivamente.

Participantes

PaísTítulo orixinal ArtistaTradución en galegoIdiomas da música"Nur in der Wiener Luft"Eleonore SchwarzSoa no ar da VienaAlemán"Zwei kleine Italiener"Conny FroboessDous pequenos italianosAlemán"Ton nom"Fud LeclercO teu nomeFrancés"Vuggevise"Ellen WintherCanto de berceDinamarqués"Llámame"Victor BalaguerChámameCastelán"Tipi-tii"Marion RungCanto alegreFinés"Un premier amour"Isabelle AubretUn primeiro amorFrancés"Addio, addio"Claudio VillaAdeus, adeusItaliano"Ne pali svetla u sumrak"Lola NovakovićNon des a luz no lusco fuscoServo-Croata"Petit bonhomme"Camillo FelgenRapaziñoFrancés"Dis rien"François DegueltNon digas nadaFrancés"Kom sol, kom regn"Inger JacobsenVeña Sol, veña choivaNoruegués"Katinka"De SpelbrekersKatinkaHolandés"Ring-A-Ding Girl"Ronnie Carroll"Ring-A-Ding Girl"Inglés"Sol och vår"Inger BerggrenSol e primaveraSueco"Le retour"Jean PhilippeO regresoFrancés

Festival #PaísLinguaArtistaMúsicaLugar Puntuación1ºFinésMarion Rung"Tipi-tii"7º42ºFrancésFud Leclerc"Ton nom"13º03ºcastelánVictor Balaguer"Llámame"13º04ºAlemáEleonore Schwarz"Nur in der Wiener Luft"13º05ºDinamarquésEllen Winther"Vuggevise"10º26ºSuecoInger Berggren"Sol och vår"7º47ºAlemáConny Froboess"Zwei kleine Italiener"6º98ºHolandésDe Spelbrekers"Katinka"13º09ºFrancésIsabelle Aubret"Un premier amour"1º2610ºNorueguésInger Jacobsen"Kom sol, kom regn"10º211ºFrancésJean Philippe"Le retour"10º212ºServo-croataLola Novaković"Ne pali svetla u sumrak" (Не пали светло у сумрак)4º1013ºInglésRonnie Carroll"Ring-A-Ding Girl"4º1014ºFrancésCamillo Felgen"Petit bonhomme"3º1115ºItalianoClaudio Villa"Addio, addio"9º316ºFrancésFrançois Deguelt"Dis rien"2º13

Galería

Resultados A orde de votación foi ó contrario da orde de actuación dos países no festival, sendo a seguinte:A ordem de votação foi efectuada através da visualização de vídeos da edição do festival, à semelhança de outras secções deste artigo dereita|miniatura|302x302px| País VotantePaís puntuado213123123321321321132231123321132312213213213213Total400024902622101011313Lugar7º13º13º13º10º7º6º13º1º10º10º4º4º3º9º2º 5 puntos Os países que recibiron 5 puntos foron os seguintes: #País puntuadoPaíses votantes5Alemaña, Ioguslavia, Noruega, Suecia, Suíza3Bélxica, España, MónacoAustria, Luxemburgo, Países Baixos2Francia, Italia1Reino UnidoFinlandiaDinamarca

Mestres Cada actuación tivo que levar un mestre de orquestra de seu para acompañar os artistas do seu país. País MestreFinlandiaGeorge de GodzinskyBélxicaHenri SegersEspaña franquistaJean RoderèsAustriaBruno UherDinamarcaKai MortensenSueciaWilliam LindAlemañaRolf-Hans MüllerPaíses BaixosDolf van der LindenFranciaFranck PourcelNoruegaØivind BerghSuízaCedric DumontXugoslaviaJoze PrivzekReino UnidoWally StottLuxemburgoJean RoderèsItaliaCinico AngeliniMónacoRaymond LefèvreMestre anfitriónJean Roderès

Artistas que repetiron En 1962, os artistas que repetiron foron:

, Fud Leclerc: Representou á Bélxica en 1956, 1958 e 1960, sendo a súa mellor en 1958 coa canción «Ma petite chatte», quedando na 5ª posición con 8 puntos. , Camillo Felgen: Representou ó Luxemburgo no Festival de Eurovisión 1960 coa canción «So laang we's du do bast», quedando na 13ª posición (derradeira) con 1 punto. , François Deguelt: Representou ó Mónaco no Festival de Eurovisión 1960 coa canción «Ce soir-là», quedando na 3ª posición con 15 puntos. , Jean Philippe: Representou a Francia no Festival de Eurovisión 1959 coa canción «Oui, oui, oui, oui», quedando na 3ª posición con 15 puntos. O representante de Suíza, Jean Philippe, tornouse o primeiro artista a representar dous países, representando á Francia en 1959, con "Oui, oui, oui, oui", que terminou en 3º lugar.

Transmisión As canles de televisión responsábeis da difusión do festival por televisión e por radio foron as seguintes cadeas televisivas:

Referencias

Véxase tamén

Ligazóns externas Web oficial do Festival

Categoría:Edicións do Festival de Eurovisión Categoría:Música en 1962