Willian Ford Gibson, nado o 17 de marzo de 1948, é un escritor de ficción científica norteamericano nado nos Estados Unidos mais exiliado no Canadá, mantendo as dúas cidadanías. É considerado o pai do ciberpunk, unha categoría da que se distanciou. Gibson comezou a súa carreira literaria a finais da década de 1970 con obras do xénero negro situadas nun futuro próximo, nas que explorou os efectos da tecnoloxía, a cibernética e as redes de computadoras nos seres humanos. Esta "mestura da escoura social e a máis avanzada tecnoloxía" creou unha iconografía para a era da información antes da difusión da internet na década de 1990.

No seu haber ten premios como o Hugo ou o Nébula.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Ligazóns externas Páxina do autor

Categoría:Escritores de ficción científica Categoría:Escritores en lingua inglesa Categoría:Escritores do Canadá Categoría:Nados en Carolina do Sur