Lingui, les liens sacrés é un filme de 2021 escrito e dirixido por Mahamat Saleh Haroun. É unha coprodución internacional entre o Chad, Francia, Alemaña e Bélxica. En xuño de 2021, o filme foi escollido para competir pola Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2021. Foi escollido como candidato do Chad para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa na 94ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Nos arredores de Xamena, no Chad, Amina vive soa coa súa única filla Maria, de 15 anos de idade. O seu mundo xa fráxil derrúbase o día en que descobre que a súa filla está embarazada. A adolescente non quere este embarazo. Nun país onde o aborto non só está condenado pola relixión, senón tamén pola lei, Amina atópase ante unha batalla que parece perdida de antemán.

Personaxes Achouackh Abakar Souleymane como Amina Rihane Khalil Alio como Maria Youssouf Djaoro como Brahim

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes do Chad propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 94ª edición dos Óscar

Ligazóns externas

Categoría:Filmes de 2021 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes do Chad Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Alemaña Categoría:Filmes de Bélxica Categoría:Filmes dirixidos por Mahamat Saleh Haroun Categoría:Filmes ambientados no Chad Categoría:Filmes sobre o aborto