Narciso Corral Ocampo, nado nas Pontes de García Rodríguez o 11 de decembro de 1899 e finado en Madrid o 9 de xullo de 1959,La Voz de Galicia, 11-7-1959, p. 4. foi un político galego.
Traxectoria Fillo de Andrés Francisco Corral Pico, secretario do Concello das Pontes de García Rodríguez, e Antonia Ocampo, estudou o bacharelato na Coruña.La Voz de Galicia, 25-6-1915, p. 3. Emigrou a Cuba e retornou a principios dos anos trinta. En principio fixo propaganda a favor de Leandro Pita Romero, pero posto a mal con el, pasouse á dereita. Foi nomeado representante da Sociedad de Autores de España nas Pontes de García Rodríguez en 1933.El Ideal Gallego, 19-2-1933, p. 6. Secretario do Comité Radical das Pontes, foi detido polo alcalde das Pontes en setembro de 1933, pero liberado ao día seguinte por orde do gobernador civil.La Voz de Galicia, 9-9-1933, p. 6. Aprobou os exames para secretarios de xulgados municipais en maio de 1935.El Ideal Gallego, 5-5-1935, p. 5. Dende decembro de 1935 militou na Falange. Foi secretario accidental do xulgado municipal das Pontes de 1936 a 1940.BOP A Coruña16-12-1938, p. 4.
No golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 era xefe de Falange das Pontes e estivo implicado na represión. Foi un dos responsables do masacre de Manuel Ramos Fernández, a súa muller Juana Ferreiro Rodríguez e dous dos seus fillos, Manuel e José o 22 de agosto de 1936. O 23 de outubro, á fronte dunha partida de milicianos integrada por Francisco Bellas Rivero e José Seoane López Avelino, asasinou o esmoleiro Avelino López. En 1937 a Falange instruíulle expediente por impoñer multas arbitrarias e estivo preso un mes no cuartel de Falange da Coruña. Foi sancionado pola Delegación de Orde Pública da Coruña con 100 pesetas en 1937 por "no saludar a las banderas nacional y de Falange, contestando a la Guardia Civil en tonos airados e irrespetuosos al ser invitado a ello".La Voz de Galicia, 1-7-1937, p. 2. Entre xullo e outubro de 1937 foi soldado da setima bandeira de FET y de las JONS e combateu na fronte de Asturias. Foi nomeado alcalde das Pontes en xullo de 1940, cesando no cargo en maio de 1941. En agosto dese ano desempeñou o cargo de secretario accidental do Concello das Pontes. En outubro de 1941 abríronlle un proceso xudicial polo homicidio de Manuel Ramos e a súa familia, que finalmente foi sobresido.Causa nº 133/1942, instruída polo delito de homicidios, contra Narciso Corral Ocampo e outros. As actuacións foron comezadas polo Xulgado de Instrución de Ortigueira o 8 de outubro de 1941 e continuadas polo Xulgado Militar eventual nº 3 de Ferrol, o 16 de febreiro de 1942. Foi expulsado de FET y de las JONS "por cometer actos denigrantes para la camisa azul" a finais de outubro de 1941.El Compostelano, 31-10-1941, p. 2.
Vida persoal
Casou con María Villasuso Romero e foi pai de Valentín, María Luisa, Andrés, Otilia, Adolfo, Armando, María Elena e Pilar Corral Villasuso. Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Sergio Guerra Vilaboy: "La represión fascista en As Pontes en 1936" 23/8/2014.
A represión fascista nas Pontes en 1936
Categoría:Galegos de Cuba Categoría:Falanxistas Categoría:Alcaldes das Pontes de García Rodríguez
Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Nados nas Pontes de García Rodríguez Categoría:Nados en 1899 Categoría:Finados en 1959