Marie-Rosalie Bonheur, nada en Bordeos o 16 de marzo de 1822 e finada en Thomery o 25 de maio de 1899, foi unha pintora francesa, que se especializou na representación de animais de estilo realista. Foi amplamente considerada unha das artistas femininas máis destacadas do século XIX.Janson, H. W., Janson, Anthony F. History of Art. Harry N. Abrams, Inc., Publishers. 6ta edición. , páxina 674
Traxectoria Primeiros anos Bonheur era filla de Sophie Marquis e do debuxante Raymond Bonheur e formouse co seu pai e mais no taller de Léon Cogniet. Os seus irmáns foron Auguste Bonheur que se converteu en pintor de paisaxes e de animais, Isidore Bonheur, escultor, e Juliette Bonheur, que tamén foi pintora de animais.
A súa nai, de pai descoñecido, foi adoptada por un rico comerciante de bordelés, Jean-Baptiste Dublan de Lahet. Bonheur compracíase en imaxinar que o misterio das súas orixes ocultaba algún segredo de estado, que era de sangue real, mais actualmente sábese que o seu protector, Dublan de Lahet, era en realidade o seu avó.
A familia Bonheur adheriuse ao grupo político dos Saint-Simonians, que promovía a educación igualitaria entre homes e mulleres. Rosa tivo problemas de aprendizaxe, e para axudala a memorizar o alfabeto, a súa nai suxeriulle que escollese un animal para cada letra e o debuxase. Esta foi a súa oportunidade para desenvolver o seu talento para o debuxo, así como a súa preferencia polos animais, que foron o tema de moitas das súas obras. Os pais de Bonheur tiveron boas relacións con españois exiliados en Bordeos como Francisco de Goya e Leandro Fernández de Moratín. Este último chamaba a Bonheur ma boule ronde (a miña bóla redonda).
Pasou varios anos no campo, no Château Grimont (Quinsac), preto de Bordeos, onde gañou a reputación de "marimacha" («Eu era o máis rapza de todos»), fama que a seguiu toda a vida e non buscou desmentir, xa que levaba o cabelo curto e fumaba puros.
París e éxito profesional miniatura|esquerda|Fotografía de Rosa Bonheur (c. 1880-90) no seu xardín de By En 1828 mudouse a París coa súa familia, e alí o seu pai fundou unha escola feminina de debuxo. Comezou a visitar o Museo do Louvre para copiar ao óleo os animais de artistas como Poussin, Rubens o Géricault. Visitou tamén os matadoiros para estudar as disección e facer esbozos a lapis da anatomía dos animais. Tamén asistiu como ouvinte a clases universitarias de anatomía e osteoloxía veterinaria. Nese período coñeceu os zoólogos e naturalistas Etienne Geoffroy Saint-Hilaire e Isidore Geoffroy Saint-Hilaire.
En 1843 e 1844 obtivo medallas na Exposición de Rouen. Expuxo por primeira vez no Salón de 1843. Obtivo unha medalla de terceira clase no Salón de 1845 e unha medalla de ouro no de 1848. O ano seguinte expuxo Arando no Nivernais (hoxe no Museo de Orsay), encarga estatal.
En 1849 faleceu o seu pai Raymond Bonheur, o que a obrigou a facerse cargo da escola que fundara el.
Con Feira de cabalos (MET, Nova York), presentado no Salón de 1853, coñeceu unha gloria internacional que lle valeu para efectuar viaxes, no curso dos que lle presentaron personalidades como a raíña Vitoria, a emperatriz Uxía, e mesmo o Coronel Cody (Buffalo Bill), que lle ofreceu unha auténtica panoplia dos síux. miniatura|Permiso para que Bonheur puidese vestir como un varón (1857) En 1857 obtivo da policía a autorización para aparecer en público vestida con pantalóns para non ser a olada mentres traballaba, xa que frecuentaba as feiras de gando onde tomaba apuntamentos do natural. Cada seis meses, alegando motivos de saúde, acudía á Prefectura de Policía de París para solicitar o Permission de Travestissement, asinado por un médico.
En 1859, instalouse en By, aba vinícola do concello de Thomery en Sena e Marne onde puxo o seu taller.
Participou con dez obras na Exposición Universal de París de 1867. Presentou Cambio de pasto, que fora un encargo persoal da emperatriz Uxía de Montijo e foi condecorada cunha medalla. Tamén participou na Exposición Universal de Londres de 1871. As súas obras foron moi apreciadas: en 1888 un cadro dela acadou as 4200 libras en Christie's.
Faleceu o 25 de maio de 1899, no château de By e foi inhumada no cemiterio do Père-Lachaise (división 74). O seu antigo taller fai parte do Museo Rosa Bonheur no castelo de By.
Vida persoal Bonheur era abertamente lesbiana. Viviu dúas relacións amorosas, unha con Nathalie Micas, á que coñeceu en 1837 (Bonheur tiña 14 anos e Micas 12), e que se converteu tamén en pintora, e da que non se separou ata que Micas faleceu en 1889; e outra, coa estadounidense Anna Elizabeth Klumpke, tamén pintora, coa que viviu dez anos ata a súa morte e que foi a súa herdeira universal. Isto non provocou escándalo ningún, a pesar de ser un tempo tan preocupado polas convencións, dada a súa fama de excéntrica e o seu carácter forte.
Galería
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Dore Ashton, Rosa Bonheur: A Life and a Legend. Illustrations and Captions by Denise Browne Harethe. New York: A Studio Book/The Viking Press, 1981 NYT Review Catherine Hewitt, Art is a Tyrant: The Unconventional Life of Rosa Bonheur. UK Published by Icon Books Ltd in 2020. Ligazóns externas Obras expuestas en Francia. Goberno de Francia Museo Rosa-Bonheur en Thomery-By Rosa Bonheur na ArtCyclopedia Rosa Bonheur na National Portrait Gallery, Londres
Categoría:Nados en Bordeos Categoría:Nados en 1822 Categoría:Finados en 1899 Categoría:Pintores de Francia Categoría:Pintores paisaxistas Categoría:Pintores do século XIX Categoría:Persoas non binarias