Soylent Green é unha película estadounidense de 1973, de xénero suspense distópico, dirixida por Richard Fleischer e protagonizada por Charlton Heston e Leigh Taylor-Young. Edward G. Robinson aparece no seu último filme. Baseado libremente na novela de ciencia ficción de 1966 Make Room! (en galego, Fai sitio!) de Harry Harrison, que combina dous xéneros: policial procesual e ciencia ficción; a investigación sobre o asasinato dun home de negocios e un futuro distópico de océanos extintos debido ao efecto invernadoiro, que orixina contaminación, pobreza, superpoboación, eutanasia e recursos esgotados.
Sinopse No ano 2022, a cidade de Nova York ten 40 millóns de habitantes. Para alimentar as innúmeras persoas pobres e desempregadas, existen tabletas verdes chamadas Soylent Green, producidas nun principio grazas á industrialización das algas. Só os ricos teñen acceso a alimentos raros como carnes, froitas e verduras.
Cando un rico empresario da Soylent Corporation Industries é asasinado no seu luxoso apartamento, o detective Robert Thorn comeza a investigar. De inmediato sospeita do seu garda-costas, quen asegura ter saído no momento do crime. Despois de interrogalo, Thorn vai ao seu apartamento e atopa cousas sospeitosas, como unha culler cos restos do carísimo amorodo. Mentres Thorn persegue o garda-costas, a súa parella Sol comeza a investigar os rexistros e papeis do empresario morto. Acaba descubrindo unha verdade sorprendente sobre a tableta verde. Premios
Premio Saturno - Golden Scroll 1975 á mellor película de ciencia ficción. Premio do festival de cine fantástico de Avoriaz 1974: Gran premio a Richard Fleischer. Premio Nébula 1974 á mellor representación dramática. Nomeada ao Premio Hugo 1974 á mellor representación dramática.
Impacto na cultura popular O filme gañou fama por ser unha das primeiras producións que tratou o tema da ruptura do equilibrio ecolóxico e que ofrece a súa particular visión sobre o desenvolvemento tecnolóxico e as súas interconexións coa política. Expresou as preocupacións dos anos 70, cando comezou a aparecer na mente da xente a idea dun futuro negativo, o que tamén se reflectiu en filmes posteriores como Blade Runner (1982) ou Terminator (1984)./ Cuando el destino nos llega (en castelán) ABC. Consultado o 22 de xullo de 2019.
"Soylent Green" é mencionado en varias series de televisión, cancións, videoxogos, curtas e películas, tanto para efectos dramáticos como cómicos<
En Futurama, ambientada no ano 3000, varios capítulos fan referencia a produtos alimenticios baseados en "Soylent", como "Soylent cola" (cuxo sabor, segundo Leela, " depende da persoa"), e noutro capítulo o Soylent Green é "o básico da cociña gourmet". En The Simpsons, no capítulo Bart to the Future, Homer ofrece a Bart un bocadillo Soylent Green, e no episodio Itchy & Scratchy: The Movie di: "Mmmm... Soylent green". Noutro episodio o avó Simpson parodia unha escena de eutanasia na película. No cómic "El listo" de Xavier Ágeda, menciónase a Soylent green no panel titulado "Cuando nos llega el destino" publicado en Listocomics.com< No xogo Xenogears de PSX as depuradoras de Soylent modifican o ser humano. A canción "Soylent Green" de Wumpscut (Music for a Slauthering Tribe 2) refírese a carne humana.< Na serie de televisión Millennium, o personaxe Frank Black, para acceder ao seu ordenador, ten que pronunciar a frase: "Green coockies are green". No videoxogo Left 4 Dead 2 nun dos diálogos Zoey di: "Adeus, o Green Soylent está feito de humanos". Na curtametraxe "Fuego en las radios" de Cinesín, o anunciante patrocinador é Soylent Green. A canción Chiron Beta Prime de Jonathan Coulton fai referencia ao Soylent como ingrediente para unha torta. A canción "Soylent Green" de Iced Earth. Soilent Green (sic) é un grupo de grindcore de Luisiana. Na película Cloud Atlas, un personaxe fai referencia ao Soylent Green feito de humanos. En 2013, o empresario tecnolóxico Rob Rhinehart creou un composto nutricional que chamou Soylent coa intención de substituír a nutrición tradicional para, presumibelmente, proporcionar nutrición completa. No xogo Surviving Mars hai unha parte chamada Soylent Green e o que fai é converter os corpos dos colonos falecidos en comida. No universo de Warhammer 40.000 hai un alimento reciclado dos corpos dos cidadáns imperiais que se usa principalmente como ración militar, chámase "Corpse Starch". Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas «Soylent Green» en AllMovie (en inglés) «Soylent Green» en Rotten Tomatoes (en inglés) Resumo do filme(UnlikelyStories) (en inglés) Resumo de SciFlicks.com (en inglés) Clip de son "Soylent green is people" de SciFlicks.com (en inglés) Resumo de SCIFI.com (en inglés) Información de IMDB sobre remake. (en inglés)
Categoría:Filmes de 1973 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Richard Fleischer Categoría:Filmes ambientados en Nova York Categoría:Filmes ambientados no futuro Categoría:Filmes ambientados en 2022 Categoría:Filmes de Metro-Goldwyn-Mayer Categoría:Filmes sobre o medio ambiente Categoría:Filmes sobre canibalismo Categoría:Filmes distópicos