Harry Potter 20th Anniversary: Return to Hogwarts é unha emisión especial (episodio especial ou reunión especial) da serie de filmes de Harry Potter emitida en HBO Max o 1 de xaneiro de 2022 co gallo do 20 aniversario da estrea do primeiro filme Harry Potter e a pedra filosofal (2001). Está producida por Warner Bros. Unscripted Television xunto con Warner Horizon e con Casey Patterson como produtora executiva.

Neste episodio especial aparecen Daniel Radcliffe, Rupert Grint e Emma Watson, ademais doutros membros principais do elenco como Helena Bonham Carter, Robbie Coltrane, Ralph Fiennes, Jason Isaacs, Gary Oldman, Tom Felton, James Phelps, Oliver Phelps, Mark Williams, Bonnie Wright, Alfred Enoch, Ian Hart, Toby Jones, Matthew Lewis, Evanna Lynch, o produtor David Heyman, e os directores de cinema Chris Columbus, Alfonso Cuarón, Mike Newell e David Yates.

Sinopse O elenco, os produtores e os directores da saga cinematográfica reencóntranse no set orixinal dos filmes para falar e compartir os seus recordos. Xunto a estas declaracións inéditas vanse intercalando materiais de arquivo: entrevistas do pasado, roldas de prensa, material entre bastidores e escenas orixinais das películas. A autora da saga de libros, J. K. Rowling, só aparece no documental con material de arquivo.

Elenco

Daniel Radcliffe Rupert Grint Emma Watson Helena Bonham Carter Robbie Coltrane Ralph Fiennes Jason Isaacs Gary Oldman Tom Felton James Phelps Oliver Phelps Mark Williams Bonnie Wright Alfred Enoch Ian Hart Toby Jones Matthew Lewis Evanna Lynch David Heyman Chris Columbus Alfonso Cuarón Mike Newell David Yates J. K. Rowling (fotogramas de arquivo) Stephen Fry (narración)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Harry Potter 20th Anniversary: Return to Hogwarts en HBO Max

Categoría:Series de televisión en lingua inglesa Categoría:Series de televisión de HBO Max Categoría:Filmes de Harry Potter Categoría:Filmes de 2022