Juan Carlos Suárez-Quiñones y Fernández, nado en León en 1961, é un xuíz e político español. Dende xullo de 2015 ocupa o cargo de conselleiro de Fomento e Medio Ambiente no goberno de Juan Vicente Herrera á fronte da Xunta de Castela e León.

Traxectoria Licenciado en dereito pola Universidade de León en 1987 ingresou na carreira xudicial, foi xuíz en Benavente e Getafe e en 1991 volveu á súa cidade natal para exercer como xuíz e alí entre 2002 e 2012 foi xuíz decano e mais tamén foi membro da sala de goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Castela e León de 2004 a 2009. Deixou a carreira xudicial para entrar en política, primeiro como subdelegado do goberno en León dende o 10 de febreiro de 2012, e logo como delegado do goberno en Castela e León a partir do 10 de abril de 2015 en substitución de Ramiro Ruiz Medrano mais ao pouco, en xullo, deixouno para asumir a consellería de Fomento e Medio Ambiente. Nas eleccións ás Cortes de Castela e León de 2022 encabezou a lista do Partido Popular na provincia de León.

Notas

Categoría:Nados en León Categoría:Xuíces de España Categoría:Conselleiros da Xunta de Castela e León Categoría:Alumnos da Universidade de León Categoría:Políticos do PP Categoría:Procuradores das Cortes de Castela e León