Kalanchoe blossfeldiana é unha planta herbácea do xénero Kalanchoe, orixinario de Madagascar.
Descrición É unha planta suculenta que pode acadar 30-40 cm de altura por uns 20 cm de ancho con brillantes follas carnosas de cor verde escuro cuxo tamaño rolda entre 7 cm de longo por 4 de anchura. A inflorescencia é un curto talo con até tres pares de follas (distintas ás do resto da planta), que nace das axilas das follas. No remate deste talo xorden en forma de acio numerosas flores con 4 pétalos duns 4 mm de diámetro. Estas poden ser vermellas, purpúreas, alaranxadas, amarelas ou brancas. A súa época de floración natural abrangue dende finais do inverno até finais de primavera.
Notas
Categoría:Flora de Madagascar Categoría:Plantas descritas en 1934