miniatura|280px|En voo Cyanocorax affinis é unha especie de ave paseriforme da familia dos córvidos pertencente ao xénero Cyanocorax.Cyanocorax affinis Pelzeln, 1856 no GBIF. Consultado o 12 de xaneiro de 2022.Cyanocorax affinis Pelzeln, 1856 no ITIS. Consultado o 12 de xaneiro de 2022.

Propia de América Central e do noroeste de América do Sur, encóntrase en Colombia, Costa Rica, Panamá e Venezuela, por debaixo dos 2 700 msnm. O seu hábitat natural son os bosques tropicais, aída que tamén vive en bosques moi degradados.BirdLife International (2020): Cyanocorax affinis na Lista vermella da UICN. Versión 2021-3. Consultada o 12 de xaneiro de 2022.

Taxonomía Descrición A esoecie foi descrita en 1856 polo ornitólogo austríaco August von Pelzeln.

Subespecies Recoñécense dúas subespecies: Cyanocorax affinis affinis Pelzeln, 1856 Cyanocorax affinis zeledoni , 1899

Características

É unha pega que mide 34 cm de lonxitude. Distínguese facilmente polo seu patrón facial e o seu ollo amarelo. A cabeza e o peito son, na maioría dos espécimes, de cor negra con manchas da violeta a azul por encima e por debaixo do ollo, así como por unha franxa malar violeta azulada. Os xuvenís non posúen estas manchas. As partes inferiores son brancas, así como a punta da cola, mentres que as partes superiores e as ás son principalmente de cor azul violácea escura.

Bioloxía Alimentación A súa dieta adoita consistir en froita e invertebrados. Ocasionalmente consome pequenos vertebrados, como ras, geckos ou lagartos. É común que siga ás formigas lexionarias para alimentarse doutros insectos que foxen ao seu paso.dos Anjos, L. (2020): "Black-chested Jay. Cyanocorax affinis. En Birds of the World (J. del Hoyo, A. Elliott, J. Sargatal, D. A. Christie e E. de Juana, Editores). Cornell Lab of Ornithology, Ithaca, NY, USA.

Comportamento

Caracterízase por ser unha especie ruidosa e gregaria, aínda que discreta e tímida, sobre todo en contacto cos humanos. Adoita alimentarse en grupos de entre 3 a 8 individuos, a nivel do solo e rara vez ao descuberto. Aliméntase en todos os niveis dos bosques, movéndose entre as árbores e sobre a terra mediante saltos longos e áxiles. Adoita agocharse entre a follaxe e rara vez voa sobre espazos abertos.Wiki Aves de Colombia, Universidad ICESI. Carriquí Pechiblanco - Cyanocorax affinis. Consultado o 12 de xaneiro de 2022.

Reprodución A reprodución efectúase entre xaneiro e maio. É unha especie monógama, e presúmese que é un reprodutor social. Tanto o macho como a femia participan na elección do sitio e a construción do niño, aínda que esta toma un papel predominante na incubación, que dura 17 días. O tamaño medio de cada posta é de catro ovos, que son de cor gris fume.Zoológico de Barranquilla (S.d). . Consultado o 12 de xaneiro de 2022.Martínez et al. (2008): "Primer registro del nido y huevos de la urraca pechinegra (Cyanocorax affinis, Aves: Corvidae) para Costa Rica y notas sobre ampliación de su ámbito de distribución". Research Gate. Consultado el 12 de xaneiro de 2022.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Bird, J.P., Martin, R., Akçakaya, H. R., Gilroy, J., Burfield, I. J., Garnett, S. G., Symes, A., Taylor, J., Şekercioğlu, Ç. H. and Butchart, S. H. M. (2020): "Generation lengths of the world’s birds and their implications for extinction risk". Conservation Biology 34 (5): 1252-1261. Stotz, D. F., Fitzpatrick, J. W., Parker, T. A. and Moskovits, D. K. (1996): Neotropical Birds: Ecology and Conservation. Chicago: University of Chicago Press. ISBN 0-2267-7630-1.

Outros artigos Córvidos Cyanocorax

Ligazóns externas Cyanocorax affinis en Avibase. Chara Pechinegra. Cyanocorax affinis en eBird . Imaxes en VIREO. Chara pechinegra. Cyanocorax affinis en Xenocanto. Avistamento de Cyanocorax affinis.

Categoría:Córvidos Categoría:Aves de América Central Categoría:Aves de América do Sur Categoría:Animais descritos en 1856