O Instituto Tecnolóxico de Nova York (tamén coñecido como NYIT) é un instituto de investigación privado situado en Nova York.
Ten dúas escolas e dúas facultades, todas con énfase na tecnoloxía e na ciencia aplicada.
A universidade ten dous campus (campi, do plural en latín) en Nova York, un en Old Westbury (Long Island) e outro en Manhattan.
En 1974 Alexander Schure, fundador do NYIT, creou o departamento de Computer Graphics Lab co afán de producir a primeira película animada por ordenador na historia do cinema, que xogaría un papel decisivo nas orixes de Pixar.Pixar Animation Studios – Company History. Fundinguniverse.com. Retrieved on 2011-04-03.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas New York Institute of Technology Web sitio web
Categoría:Universidades dos Estados Unidos de América