August von Pelzeln, nado o 10 de maio de 1825 en Praga e finado o 2 de setembro de 1891 en Oberdöbling, antigo municipio hoxe integrado na cidade de Viena, foi un ornitólogo austríaco.
Traxectoria Pelzeln estivo a cargo da colección de mamíferos e aves do Museo Imperial de Viena durante corenta anos.
Realizou un notábel traballo sobre 343 especies de aves recolectadas por Johann Natterer no Brasil en 1822.
Estudou as aves recolectadas na Viaxe de Exploración Científica realizada entre 1857 e 1860 pola fragata Novara. A expedición da Novara realizouse coa autorización do emperador de Austria para consolidar a importancia da coroa.
Esta importante expedición partiu de Trieste en abril de 1857, pasou polo Cabo de Boa Esperanza visitano, entre outros territorios, as Filipinas, Australia e Nova Zelandia. Catorce dos corenta e catro integrantes da expedición baixaron a terra para realizaren coleccións científicas.
En 1869 foi elixido membro da sección da zooloxía da Leopoldina.August von Pelzeln na Academia alemá das ciencias naturais Leopoldina.
Publicacións importantes
Vögel. Aus der Kaiserlich-Königlichen Hofund Staatsdruckerei, Wien 1865 Zur Ornithologie Brasiliens. A. Pichler's Witwe & Sohn, Wien 1871 Beiträge zur Ornithologie Südafrikas. A. Hölder, Wien 1882 Brasilische Säugethiere. A. Hölder, Wien 1883 Eine Studie über die Abstammung der Hunderassen In: Zoologische Jahrbücher: Abteilung für Systematik, Ökologie und Geographie der Tiere, 1, S. 225-240, 1886 PDF, Online Monographie der Pipridae oder Manakin-Vögel. Budapest 1887.
Honores Eponimia Na súa honra nomeáronse, entre outras, as especies:
Tachybaptus pelzelnii Gazella pelzelni Thamnophilus pelzelni Ploceus pelzelni Granatellus pelzelni Elaenia pelzelni Myrmeciza pelzelni Pseudotriccus pelzelni
Abreviatura A abreviatura Pelzeln emprégase para recoñocer a August von Pelzeln como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Bauer, K. (1978: "Pelzel von Pelzeln August". En: Österreichisches Biographisches Lexikon 1815–1950. Band 7. Viena: Verlag der Österreichischen Akademie der Wissenschaften. ISBN 3-7001-0187-2. Beolens, Bo e Michael Watkins (2003): Whose Bird?: Common Bird Names and the People They Commemorate. New Haven e Londres, Yale University Press. ISBN 978-0-3001-0359-5. Boubier, Maurice (1925): L’Évolution de l’ornithologie'' París: Alcan. Scherzer, Karl von (1864): Reise Der Oesterreichischen Fregatte Novara Um Die Erde, in Den Jahren 1857, 1858, 1859 Unter Den Befehlen Des Commodore B. Von Wullerstorf-Urbair.
Ligazóns externas Publicacións de August von Pelzeln.
Categoría:Científicos de Austria Categoría:Zoólogos de Austria Categoría:Nados en Praga Categoría:Nados en 1825 Categoría:Finados en 1891