Veronica Yvette Greenfield, nada o 10 de agosto de 1943 como Veronica Yvette Bennett e finada o 12 de xaneiro de 2022, foi unha cantante estadounidense máis coñecida polo seu nome artístico, Ronnie Spector. Formou o grupo musical The Ronettes en 1957 xunto coa súa irmá máis vella, Estelle Bennett, e a súa curmá, Nedra Talley. Ronnie liderou o grupo durante o tempo que foi producido por Phil Spector, con quen casou en 1968 e se separou en 1972.

Traxectoria Bennett foi a voz principal de The Ronettes e durante os primeiros anos da década de 1960 tiveron grandes éxitos, como as cancións "Be My Baby" (1963), "Baby, I Love You" (1963), "The Best Part of Breakin' Up" (1964) e "Walking in the Rain" (1964). En 1964, comezou unha carreira en solitario co sinxelo "I'm So Young". Despois de 1980 publicou cinco álbums de estudio: Siren (1980), Unfinished Business (1987), Something's Gonna Happen (2003), Last of the Rock Stars (2006) e English Heart (2016). Tamén gravou unha versión estendida de She Talks to Rainbows (1999). En 1986, a súa carreira reviviu cando sacou a canción "Take Me Home Tonight" con Eddie Money.

Bennett foi alcumada en ocasións como a "moza mala do rock and roll" orixinal. En 1990 publicou as súas memorias Be My Baby: How I Survived Mascara, Miniskirts, and Madness, Or, My Life as a Fabulous Ronette. En 2007, foi incluída no Salón da Fama do Rock como membro de the Ronettes.

Discografía Con The Ronettes Presenting the Fabulous Ronettes Featuring Veronica, 1964 Sing the Greatest Hits , 1975 The Ronettes Greatest Hits – Volume 2, 1981 The Best of The Ronettes, 1992

Álbums en solitario Título Notas Máximo posto en listas Nos Estados Unidos de América Siren Data de publicación: 1980 Selo: RCA, Polish Records – Unfinished Business Data de publicación: maio de 1987 Selo: Columbia/CBS – The Last of the Rock Stars Data de publicación: 2006 Selo: High Coin – English Heart Data de publicación: 8 de abril de 2016 Selo: 429 6 "—" indica unha publicación que non acadou posto en listas

EPs She Talks to Rainbows EP, 1999 Something's Gonna Happen EP, 2003 Best Christmas Ever EP, 2010

Sinxelos en solitario

1971: "Try Some, Buy Some" (Apple 1832) 1975: "You'd Be Good For Me" (Tom Cat YB-10380) 1976: "Paradise" (Warner Spector SPS 0409) 1977: "Say Goodbye To Hollywood" (Epic 8-50374) 1978: "It's a Heartache" (Alston 3738) 1980: "Darlin'" (Polish PR-202) 1987: "Who Can Sleep" (Columbia 38-07082) 1987: "Love On a Rooftop" (Columbia 38-07300)

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Páxina oficial

Perfil de Ronnie Spector en Discogs

Categoría:Cantantes de Nova York Categoría:Artistas de Epic Records Categoría:Nados en 1943 Categoría:Nados en Manhattan Categoría:Finados en 2022 Categoría:Finados por cancro Categoría:Estadounidenses de ascendencia irlandesa Categoría:Estadounidenses de ascendencia cherokee Categoría:Estadounidenses de ascendencia africana