miniatura|300px|Tesouro de moedas viquingas probablemente cuñadas entre 923 e 925, nos reinos de Danelaw, achado entre 1992 e 2000.Blackburn, M. (2001). A moeda viquinga foi a utilizada na Idade Media, durante a chamada era viquinga en diversas rexións da Europa do Norte e das Illas Británicas.
Antes da cuñaxe e do uso de moedas, a economía viquinga utilizaba eminentemente pezas de metal e lingotes, sen un valor predeterminado, senón que este estaba en función do seu peso e do valor do metal concreto.Kershaw, J. (2017). Williams, G. (2011). “Viking Money.” En BBC. 17 de febreiro.
No século IX as incursións viquingas puxeron en contacto este pobo con outras culturas europeas que estaban familiarizadas co uso da moeda nas súas economías, feito este que influíu no inicio da propia produción de moedas por parte dos viquingos.
Dentro da propia Escandinavia, os viquingos coñecían xa as moedas propias dalgunhas rexións próximas, e mesmo chegaron a ter contacto con emisións de pobos árabes que chegaron a Escandinavia a través do comercio, que tamén supuxeron unha influencia para o desenvolvemento das posteriores cuñaxes viquingas.
Os reinos gobernados polos dinamarqueses nas Illas Británicas, coñecidos como Danelaw, comezaron a producir as súas moedas, con alusións aos seus soberanos e diversas imaxes cristiás. E dentro de Escandinavia, as emisións dos daneses, dos suecos e dos noruegueses tiveron as súas particularidades, sinaladamente pola alusión aos seus respectivos gobernantes, e a habituación ao seu uso seguiu ritmos diferentes en cada rexión.
Os achados de numerosos tesouros de moedas de prata tanto nas Illas Británicas como en Escandinavia proporcionou información acerca da diversidade de tipos e deseños das moedas a nome de cada gobernante, e tamén sobre a influencia de culturas e tradicións monetarias externas. Entre estes achados cómpre salientar algúns producidos no Reino Unido, como o de Cuerdale (consistente en arredor de 7.000 moedas, case todas depositadas no Museo Británico) e o de Silverdale, ambos no condado inglés de Lancashire.Williams, G.; Webster, L. (2011). “The Cuerdale Hoard”.17 de febreiro.“Important Viking Hoard Highlights the Continuing Success of the Treasure Act and Portable Antiquities Scheme”. The Portable Antiquities Scheme, British Museum Office. 4 de xaneiro de 2012 Ademais destes, os achados producidos en Dinamarca e Suecia (como o tesouro de Everlöv)"The Everlöv treasure". Ekonomiska Museet (Ekonomiskamuseet.se). amosan unha gran proporción de moedas árabes e fragmentos de diversos obxectos de prata, así como xoias e brazaletes.“The Silver Hoards of the Vikings.” Nationalmuseet i København.Thurborg, M. (1988).
Antecedentes: a economía dos metais preciosos dereita|miniatura|260x260px|Pesa anglosaxoa-viquinga de chumbo utilizada para comerciar con ouro e prata, proveniente de Danelaw e datada ca. 870-930.
Nos comezos da era viquinga, as transaccións económicas realizábanse fundamentalmente con metais preciosos, en diversas manifestacións, cun valor que viña determinado polo seu peso. Algúns autores suxiren que as moedas escandinavas comezaron a desenvolverse na cidade de Ribe cara a principios do século VIII, con probas de sceattas danesas das que aínda non se acharon evidencias da súa ceca de proveniencia.Graham-Campbell, J.; Williams, G. (eds.) (2007).
Nesta economía baseada no metal precioso, a prata era o metal utilizado no comercio con maior frecuencia. Os fragmentos de obxectos de prata pesábanse con pesas de chumbo e posteriormente fundíanse para lles dar outras formas, como brazaletes e outras xoias. Estas balanzas, que portaban os comerciantes, permitían determinar con gran precisión o peso do metal, o que facilitaba o intercambio de produtos no comercio nesta etapa premonetaria. Ademais de utilizarse como medio de pagamento, os metais preciosos convertéronse tamén nun símbolo de poder e riqueza na sociedade viquinga.“Decorated Weight ”. Waterford Museum of Treasures.
Cara ao século IX, diversas incursións levaron o pobo viquingo a tomar contacto con varias cidades e pobos lindeiros co mar do Norte e co mar de Irlanda. Logo destas incursións en nacións estranxeiras, os viquingos foron coñecendo e asumindo novas formas de exercicio das relacións económicas e comerciais. Como resultado, o uso da prata como medio de pagamento fíxose aínda máis influente.Graham-Campbell, J. (2011). Páxina 84. Os diferentes reinos anglosaxóns xa estaban afeitos ao uso da moeda, que comezaron a utilizar adoito para o pagamento aos viquingos como vía para evitar as súas incursións, aínda que non sempre con éxito. Ademais da influencia das moedas anglosaxoas, arredor do 35 % das moedas que entraban en Escandinavia eran de orixe oriental, o que dá mostra da ampla influencia de culturas alleas aos viquingos no desenvolvemento das súas posteriores cuñaxes de moeda propia."What does coinage tell us about Scandinavian society in the late Viking Age?". En Alcock, L (1991). Páxina 157.
Emisións en Escandinavia
Dinamarca Moeda viquinga de Dinamarca260x260pxZVEN REX AD DENER ("Sven, Rei dos Dinamarqueses"); busto do monarca.GOD-WINE M-AN D-NER ("Godwine, moedeiro dos dinamarqueses").Moeda a nome de Svend I (Sweyn Tveskæg), rei de Dinamarca (986-1014), cuñada en 995.Hauberg, P. C. (1900). Tab. I.
As primeiras moedas dinamarquesas coñecidas da época viquinga foron cuñadas a nome de Svend I (Sweyn Tveskæg), rei de Dinamarca (986-1014) cara ao ano 995.“History of Danish Coinage”. Royal Danish Mint. 22 de marzo de 2012. Estas moedas amosaban diversas inscricións, que sempre incluían o nome do monarca nos anversos e que tamén aludían á autoridade responsable da emisión, nos reversos (por exemplo: GODWINE M-AN DNER: "Godwine, moedeiro dos dinamarqueses").Bolton, T. (2009). The Empire of Cnut the Great: Conquest and the Consolidation of Power in Northern Europe in the Early Eleventh Century. Brill. Páxinas 162 e seguintes. .
Durante os séculos seguintes mantívose a emisión destas moedas, todas elas de prata e cun valor que viña determinado polo seu peso. Proceden dunha ou de varias cecas de localización indeterminada e hoxe hai poucos exemplares coñecidos.
Svend I de Dinamarca e Olavo I (Olaf Tryggvasson) rei de Noruega (995-1000) comandaran previamente os exércitos invasores viquingos nas Illas Británicas, o que conduciu ao establecemento do imposto coñecido como Danegeld, que o rei inglés Etelredo II (978-1013 e 1014-1016) lle tiña que pagar ao dinamarqués. As moedas inglesas utilizadas para este pagamento convertéronse nun dos primeiros padróns para as emisións de Dinamarca.Skaare, K. (1993). “Coins and Mints”. Pulsiano, P.; Wolf, K. (eds.). En Medieval Scandinavia: An Encyclopaedia. Routledge. Páxinas 101-103. ISBN 978-0824047870 Esta influencia manifestouse en dous modelos monetarios: por unha banda os peniques feitos a imitación dos ingleses e moi similares aos cuñados en Inglaterra, mesmo reproducindo o busto e o nome do rei inglés, pero producidos en Dinamarca; e por outra banda os que, sendo tamén imitación dos ingleses, amosan unhas lendas e uns motivos xa máis vinculados con Dinamarca.Alcock, L.; Malmer, B. (1997). “What Does Coinage Tell Us about Scandinavian Society in the Late Viking Age?. En Austin, D. From the Baltic to the Black Sea: Studies in Medieval Archaeology. Routledge. Páxinas 162-164. ISBN 9780415152259
Durante o reinado de Svend II (Svend Estridsen), rei de Dinamarca (1047-1076), foi frecuente que as moedas dinamarquesas imitasen os modelos da moeda bizantina, sinaladamente cara á derradeira parte do seu reinado, e os peniques amosaban lendas con caracteres rúnicos dinamarqueses. Máis tarde, baixo o reinado de Harald III (Harald Hen), rei de Dinamarca (1074-1080), o reino pasou a ter xa unha moeda propiamente nacional.
A implantación da moeda en Dinamarca tivo uns inicios consistentes e foi consolidándose baixo o goberno de Canuto II, rei de Dinamarca (1018-1035), de Inglaterra (1017-1035) e de Noruega (1029-1035). Durante este período, na década de 1020, produciuse unha reorganización do sistema monetario e as moedas foron cuñadas principalmente en Lund, aínda que tamén había cecas noutras cidades, como Ribe, Hedeby e Aalborg.
Noruega Moeda viquinga de Noruega260x260px+ ARALD REX NAR(vegiae); busto coroado do monarca.+ OÐNKAR ON OÐS(vi)Moeda a nome de Harald III, rei de Noruega (1047-1066).Schive, C. I. (1865). Páxina 26.
Do mesmo xeito que noutros lugares da Escandinavia viquinga, en Noruega introducíronse moedas procedentes de diversos lugares do mundo, como consecuencia da expansión do comercio. Nos territorios viquingos producíronse uns 150 achados monetarios, con arredor de 400 moedas de procedencia árabe, unhas 3.300 da propia Noruega e un número similar de moeda inglesa.Malmer, B. (1976). "Coins and Coinage in Viking-Age Norway". En Scandinavian Economic History Review, 24:2, 153-156.
Algunhas das primeiras moedas cuñadas en Noruega correspóndense coa década de 990 e portan nos anversos a imaxe de Olavo I (Olaf Tryggvasson) rei de Noruega (995-1000). Considérase probable que a cuñaxe local de moeda continuase en Noruega, o que se apoia nos diversos achados monetarios atopados. Baixo o goberno de Harald III (Harald Hardrada), rei de Noruega (1046-1066) que coñecera e manexara a moeda bizantina por mor dos seus servizos co emperador bizantino, estableceuse xa unha moeda nacional.
Xeralmente, os peniques emitíanse en prata cun peso de 0,89 gramos. Inicialmente estas moedas cuñábanse cunha grande proporción de prata, mais a presenza deste metal na aliaxe foi diminuíndo progresivamente, en favor do cobre, sinaladamente no período de Olavo II (Olavo Haraldsson), rei de Noruega (1015-1028). É probable que a principal ceca do reino neste período estivese situada en torno á zona costeira de Nidaros.
A introdución da moeda en Noruega foi lenta nos seus inicios, mais conseguiu a súa época de expansión durante o reinado de Harald III (1046-1066).
Suecia Moeda viquinga de Suecia260x260pxOLVF REX ZBEVOX; busto drapeado do monarca.+ GODPINE MO ZIHT; dobre cruz curta con letras nos cuadrantes.Penique de prata a nome de Olaf Skötkonung, rei de Suecia (ca. 995-1012), cuñada en Sigtuna ca. 995-1005.Nordisk familjebok. Vol 13. Till art. Järnåldern. II. (1910). Fig. 21."Schweden: Olaf Skötkonung". Münzkabinett. Staatliche Museen zu Berlin.
A chegada de moedas de orixe estranxeira a Suecia comezou cara ao ano 800 e continuou aproximadamente ata 1150, cando comezou a facerse máis común a cuñaxe local de moeda. Foi habitual a entrada de dirhams do mundo musulmán a través de Rusia, aínda que tamén chegaron a Suecia a través de Alemaña, de Inglaterra e doutros lugares.Jonsson, K. (2015). “Viking-Age coins found in Sweden”. En Helgesson, B. et a.l Small Things - Wide Horizons: Studies in honour of Birgitta Hårdh. Archaeopress Archaeology, Páxinas 51-57. ISBN 9781784911324
A emisión de moeda autóctona comezou na Suecia viquinga arredor de 990, baixo o goberno do rei Olaf Skötkonung (ca. 954-1022), cando se emitiron moedas co seu busto e lendas alusivas a el a aos seus títulos. As cuñaxes reais tiveron lugar principalmente arredor da cidade de Sigtuna e estaban baseadas no sistema monetario inglés. É probable que as emisións se producisen tamén baixo o reinado de Canuto o Grande. O rei Anund Jacob (1022-1050) continuou a cuñaxe de moeda en Sigtuna, aínda que esta cesou cara á fin do seu reinado. Blackburn, M.,; Chown J. (1984). "A die-link between the Sigtuna coinage of Olof Skötkonung and some Long Cross imitations reading 'OCLOD'". En The Numismatic Chronicle, 144. Páxinas 166-172.