miniatura|Falante de chamacoco. O chamacoco é unha lingua da familia zamucana falada polo pobo chamacoco en Paraguai. Tamén se coñece como xamicoco ou xamacoco, aínda que a propia tribo prefire o nome ishír, que tamén se escribe ishiro ou jewyo.Chamacoco: Orientation. Every Culture. 2008 (consultado o 29 de marzo de 2009) Cando se usa o termo ishiro (tamén yshyro ou ɨshɨro) para referirse á lingua, é unha abreviatura de Ishir(o) ahwoso, que significa literalmente "as palabras, a lingua do pobo Chamacoco". Ciucci, Luca 2011. L’amico di D’Annunzio e la tribù perduta: in Sudamerica alla ricerca dei confini di Babele. Normale. Bollettino dell’associazione normalisti, 1-2. 23-28. Fálase por unha sociedade tradicionalmente cazadora-recolledora que agora practica a agricultura. Os seus falantes son de todas as idades, e xeralmente non falan ben o castelán ou o guaraní.Gordon, Raymond G., Jr., ed. Chamacoco: A Language of Paraguay . Ethnologue. 2005 (consultado o 29 de marzo de 2009) O chamacoco está clasificado como en perigo crítico polo Libro Vermello das Linguas Ameazadas da UNESCO.
Clasificación O chamacoco clasifícase como unha zamucana, xunto coa lingua ayoreo.Sorosoro: Zamucoan family .
Notas
Categoría:Linguas zamucanas Categoría:Linguas de Paraguai