O Acordo Centroeuropeo de Libre Comercio (Central European Free Trade Agreement ou CEFTA, polas súas siglas en inglés) é un acordo comercial internacional entre países maioritariamente localizados no Sueste de Europa. Fundado por representantes de Polonia, Hungría e Checoslovaquia, o CEFTA ampliouse a Albania, Bosnia e Hercegovina, Bulgaria, Croacia, Moldova, Montenegro, Macedonia do Norte, Romanía, Serbia, Eslovenia e a MINUK (en representación de Kosovo, de acordo coa UNSCR 1244).
Historia dereita|miniatura|Historia dos membros do CEFTA dende 1992 a 2013. Todos os membros orixinais do pacto comercial convertéronse en membros da Unión europea (EU), polo que países do sueste de Europa, como Albania, Bosnia e Herzegovina, a MINUK (en representación de Kosovo), Montenegro e Serbia, entraron a formar parte e a dirixir o CEFTA.
Acordo orixinal O acordo orixinal do CEFTA foi asinado, o 21 de decembro de 1992 en Cracovia (Polonia), polos países do Grupo Visegrád; é dicir, Polonia, Hungría, Chequia e Eslovaquia (naquela altura ambas parte de Checoslovaquia) e entrou en vigor en xullo de 1994.
A través do CEFTA, os países participantes agardaban mobilizar esforzos para pasar a formar parte das institucións da Europa Occidental e unirse así aos sistemas políticos, económicos, de seguranza e legais europeos; consolidando desta forma a democracia e a economía de libre mercado.
O acordo foi emendado polos acordos asinados o 11 de setembro de 1995 en Brno, República Checa e o 4 de xullo de 2003 en Bled, Eslovenia.
Eslovenia entrou a formar parte do CEFTA en 1996, Romanía en 1997, Bulgaria en 1999, Croacia en 2003 e Macedonia en 2006.
Acordo de 2006 Todo os participantes do acordo orixinal forman agora parte da UE, polo que abandonaron o CEFTA. Aínda así decidiuse estender o CEFTA para cubrir ao resto dos países balcánicos, que xa completaran unha serie de acordos bilaterais de libre comercio encadrados no Pacto de Estabilidade para o Sueste de Europa. O 6 de abril de 2006, no Cume de Primeiros Ministros do Sueste de Europa en Bucarest, realizouse unha declaración conxunta de expansión do CEFTA a Albania, Bosnia e Hercegovina, Moldova, Serbia, Montenegro e a MINUK (en representación de Kosovo). Tamén se discutiu a adhesión de Ucraína. O acordo ampliado foi rubricado o 9 de novembro de 2006 en Bruxelas e asinado o 19 de decembro de 2006 no Cume de Primeiros Ministros do Sueste de Europa en Bucarest. O acordo entrou en vigor o 26 de xullo de 2007 para Albania, Kosovo, Moldova, Montenegro e Macedonia; o 22 de agosto para Croacia; o 24 de outubro para Serbia; e o 22 de novembro de 2007 para Bosnia e Hercegovina. O obxectivo do acordo era establecer unha zona de libre comercio na rexión antes do 31 de decembro de 2010.
Despois da declaración de independencia de Kosovo, o 17 de febreiro de 2008, a MINUK continuou a representar a Kosovo en todas as reunións do CEFTA. A finais de 2008 Kosovo mudou os seus selos de aduanas substituíndo os da MINUK polos de Kosovo. Isto tivo como resultado un bloqueo comercial por parte de Serbia e Bosnia que non recoñecen a República de Kosovo. O goberno de Pristina respondeu impondo o seu propio bloqueo ás importacións dende Serbia. A medida foi seguida de enfrontamentos nos postos fronteirizos en xullo de 2011.
Relacións coa Unión europea Todos os anteriores países participantes asinaran con anterioridade acordos de asociación coa UE, polo que o CEFTA funciona de feito como unha preparación para para chegar a ser membro de pleno dereito da Unión Europea. Polonia, a República Checa, Hungría, Eslovaquia e Eslovenia uníronse á UE o 1 de maio de 2004, con Bulgaria e Romanía uníndose a continuación o 1 de xaneiro de 2007. Croacia uniuse o 1 de xullo de 2013.
Montenegro, Serbia, Albania e Macedonia do Norte levan en conversas para unha posíbel adhesión á UE dende 2012, 2014 e 2020.
Por recomendación do UE, os futuros membros prepáranse para a adhesión á UE establecendo áreas de libre comercio. Unha considerable proporción do comercio estranxeiro do CEFTA é con países da UE. Membros A 1 de xullo de 2013, os participantes do CEFTA son: Albania, Bosnia e Hercegovina, Moldova, Montenegro, Macedonia do Norte, Serbia e a MINUK (en representación de Kosovo).
Os membros anteriores eran Bulgaria, Croacia, República Checa, Hungría, Polonia, Romanía, Eslovaquia e Eslovenia pero abandonaron a súa pertenza ao CEFTA cando pasaron a ser estados membros da Unión europea (UE). Participantes do acordoEntradaSaída199220041996199720071999200320132006—2007 MINUK (en representación de Kosovo)
Criterios de afiliación Criterios anteriores da Declaración de Poznań:
Membro da Organización Mundial do Comercio. Acordo de asociación coa Unión Europea con previsión de membro de pleno dereito no futuro. Tratados de libre comercio cos actuais estados membro do CEFTA.
Criterios actuais dende a reunión de Zagreb en 2005:
Membro da Organización Mundial do Comercio ou compromiso de respectar todas as súas normas. Calquera acordo de asociación coa Unión Europea. Tratados de libre comercio cos actuais estados membro do CEFTA.
Membros actuais Participantes do acordoAdhesiónPoboaciónCapitalPIB per capita (PPP) Albania1 de xaneiro de 2007Tirana40 15113,991 Bosnia e HercegovinaSarajevo51 99615,935 MoldovaChişinău35 90613,879 MontenegroPodgorica12 60820,084 Macedonia do Norte1 de xaneiro de 2006Skopje34 69416,486 Serbia1 de xaneiro de 2007Belgrado141 92720,544 MINUK (en representación de Kosovo)Pristina23 52413,017
Notas
Referencias
Véxase tamén
Outros artigos Economía de Europa Áreas de libre comercio en Europa Open Balkan Asociación Europea de Libre Comercio (EFTA) Pacto de Estabilidade para o Sueste de Europa Mercosur Comunidade de Transporte do Sueste de Europa Regras de orixe Acceso ao mercado Área de libre comercio Taxa alfandegueira
Ligazóns externas Mapa de acceso ao mercado, do Centro de Comercio Internacional Facilitador de regras de orixe, do Centro de Comercio Internacional, da Organización Mundial de Alfándegas e da Organización Mundial do Comercio Páxina web do CEFTA Portal de Comercio do CEFTA Tratado do CEFTA orixinal CEFTA 2006
Categoría:Comercio internacional Categoría:Organizacións económicas internacionais