Les Parapluies de Cherbourg é un filme musical de 1964 producido entre Francia e Alemaña do Oeste que foi escrito e dirixido por Jacques Demy, con música e letra de Michel Legrand. Catherine Deneuve e Nino Castelnuovo protagonizan a dous amantes na cidade francesa de Cherbourg, separados polas circunstancias que lles tocou vivir. O diálogo do filme cántase enteiramente como un texto recitativo, incluída a conversación casual, e é cantado ou composto, como algunhas óperas e musicais escénicos.The Criterion Collection Foi considerado como a parte central dunha "triloxía romántica" informal de Demy cuxos filmes comparten algúns dos mesmos actores, personaxes e aspecto xeral, situándose despois de Lola (1961) e antes de Les Demoiselles de Rochefort (1967).
Les Parapluies de Cherbourg gañou a Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 1964. Nos Estados Unidos, estivo nomeado a catro Premios Óscar, incluíndo mellor filme internacional, mellor guión orixinal (Demy) e mellor banda sonora (Demy e Legrand). O tema principal do filme, "Je ne pourrai jamais vivre sans toi", foi nomeado ao Óscar á mellor canción orixinal.
En 2018, unha enquisa de críticos de BBC Culture clasificaron o filme entre os 100 mellor filmes de todos os tempos en lingua non inglesa.
Sinopse A acción transcorre entre 1957 e 1963. Divídese en tres partes e escenas cronolóxicas. A partida: a viúva Madame Emery e a súa filla Geneviève sobreviven vendendo paraugas na súa corida tenda do porto de Cherburgo. Geneviève está namorada de Guy, un mecánico quen a pouco de coñecela debe partir ao servizo militar na guerra de Alxeria. A ausencia: Geneviève quedou embarazada de Guy. A súa nai ínstaa a casar con Rolando, un rico xoieiro que está namorado dela e desexoso de casar aínda sabendo que espera un fillo doutro home. Casan e múdanse a París. O regreso: Guy regresa. Foi ferido na guerra, traballa brevemente no taller mecánico e casa con Madeleine, a doce enfermeira que coida a tía que o criou e que, a diferenza de Geneviève, o esperou os dous anos que estivo destacado en Alxeria. A tía morre e coa herdanza Guy compra unha estación de servizo.
Na última escena, anos despois, é Nadal, e Guy está felizmente casado, ten un fillo (François) e atende a rica Genevieve na súa estación de servizo. O breve encontro será o último; a nena que acompaña a Geneviève é obviamente a filla de Guy: chámase Françoise. Cada un seguirá a súa vida.
Personaxes
Catherine Deneuve como Geneviève Emery Nino Castelnuovo como Guy Foucher Anne Vernon como Madame Emery Marc Michel como Roland Cassard Ellen Farner como Madeleine Mireille Perrey como Aunt Élise Harald Wolff como M. Dubourg Jean Champion como Aubin Pierre Caden como Bernard Jean-Pierre Dorat como Jean Jane Carat como Ginny Jean-Pierre Chizat como Pierre Gisèle Grandpré como Madame Germaine Hervé Legrand como François Rosalie Varda como Françoise Dorothée Blanck como rapazá na cafetería
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Filmes de Francia propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 37ª edición dos Óscar Ligazóns externas
Ficha en AllMovie Ficha en RottenTomatoes
Categoría:Filmes de 1964 Categoría:Filmes en lingua francesa Categoría:Filmes de Francia Categoría:Filmes de Alemaña do Oeste Categoría:Filmes dirixidos por Jacques Demy Categoría:Filmes gañadores da Palma de Ouro Categoría:Filmes rodados en Normandía Categoría:Filmes sobre parellas Categoría:Filmes ambientados en 1957 Categoría:Filmes ambientados en 1958 Categoría:Filmes ambientados en 1959 Categoría:Filmes ambientados en 1963