Nicolás Paz Pardo, nado en Lavadores (Vigo) e finado na Coruña o 24 de xuño de 1942, foi un médico republicano galego.
Traxectoria Foi médico no lazareto da Illa de San Simón ata 1887. O 22 de xullo de 1888 casou con Matilde Córdoba Gándara."Vida retrospectiva. Vigo hace 50 años. Año 1888" Hoja Oficial del Lunes . En 1914 retou en duelo a Luis Suárez-Llanos, director da compañía de augas, por considerado responsable da morte por tifo dunha das súas fillas, Carmen Paz (casada don Eugenio Arbones). No hai constancia de que o duelo chegara a producirse.Lamas, Jorge. (31/10/2011). "A espada, florete o pistola" La Voz de Galicia .
En 1921 foi o primeiro presidente do Ateneo de Vigo e, desde esa institución, instou ao reitor da Universidade de Santiago de Compostela a que fosen admitidas as teses de doutoramento escritas en lingua galega.
Presidiu a Cámara da Propiedade, a Liga de Defensores de Vigo e o Colexio Médico de Vigo. Promoveu o xornal La República e formou parte da redacción de La Lucha, publicación tamén republicana.
Foi alcalde accidental en 1890 e concelleiro ata 1929.
Recoñecementos Unha rúa de Vigo leva o nome de Paz Pardo na súa memoria. Vida persoal
Casou con Matilde Córdoba de la Gándara e foi pai de Carmen, Matuxa e Mercedes Paz Córdoba.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Eugenio Arbones Castellanzuelo (xenro). Ubaldo Gil Santóstegui (colega).
Categoría:Médicos de Vigo Categoría:Nados en Vigo Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1942 Categoría:Artigos creados co asistente para a creación de artigos Categoría:Concelleiros de Vigo Categoría:Concelleiros de Galicia durante a Restauración