Francisca Linconao Huircapán, nada en Padre Las Casas o 18 de setembro de 1958, tamén coñecida como Machi Linconao, é unha machi, xamán da cultura mapuche, defensora dos dereitos humanos e política chilena. Dende 2021, representa ao pobo mapuche da Macrozona Sur nos escanos reservados da Convención Constitucional.
Traxectoria Caso Machi Linconao versus Palermo En 2008, presentou un recurso de protección á Sociedade Palermo Limitada, de propiedade da familia Taladriz, pola talla ilegal de árbores e arbustos do bosque nativo existente nas ladeiras do Rahue para a plantación de piñeiros. As árbores e arbustos situábanse dentro do Fundo Palermo Mozo, lindeiro coa comunidade de Linconao.Faundes (2018): 98. A talla afectaba non só o ecosistema senón tamén un menoko, unha zona húmida considerada sagrada.Faundes (2018): 102. En 2009, a Corte de Apelacións de Temuco sentenciou ao seu favor, a cal foi ratificado pola Corte Suprema. Foi a primeira sentenza en Chile que considerou as disposicións do Convenio 169 da OIT sobre pobos indíxenas.Faundes (2018): 97.
Caso Luchsinger – Mackay No ano 2013, foi unha dos mapuche vinculadas ao crime do matrimonio Luchsinger Mackay, polo que foi detida na tarde do mesmo día do incendio onde faleceron Werner Luchsinger e Vivianne Mackay.Huenchumil Jerez (2018): 36. Foi acusada por terrorismo e tenencia ilegal de armas. Supostamente, unha escopeta foi atopada na súa casa pola policía no medio dunha violación ao seu domicilio. Durante o xuízo, o funcionario que atopou a escopeta no domicilio da Machi nunca declarou no xuízo e non se puido lembrar o seu nome. O Tribunal desestimou os cargos, absolveu á Machi e ordenouse o pago dunha indemnización.
O 1 de marzo de 2016 foi encarcerada e iniciouse un novo proceso xudicial na súa contra polos mesmos cargos. Iniciou unha folga de fame o 22 de decembro de 2016 logo de estar nove meses en prisión preventiva. Catorce días despois, depuxo a súa folga de fame logo de que a Corte de Apelacións de Temuco rebaixase a súa medida cautelar de prisión preventiva a arresto domiciliario.
O 22 de agosto de 2017, o Observatorio para a protección dos Defensores de Dereitos Humanos da Organización Mundial Contra a Tortura (OMCT) e a Federación Internacional de Dereitos Humanos (FIDH), e o Observatorio Cidadán de Chile manifiestaron a súa preocupación por utilizar a Lei Antiterrorista contra os dez comuneiros mapuches e a Machi Francisca Linconao.
O Tribunal de Xuízo Oral no Penal de Temuco absolveu a Linconao o 18 de outubro de 2017. Logo, o 29 de decembro de 2017, a Corte de Apelacións de Temuco anulou esta decisión, ordenando a reapertura do caso. O 10 de maio de 2018 foi absolta por terceira vez de todos os cargos na súa contra.
Postulación á Convención Constitucional En xaneiro de 2021, reuniu as sinaturas requiridas para presentarse como candidata polo Distrito 23 da Rexión de Araucanía ás eleccións convencionais constituíntes de Chile no Servizo Electoral (Servel) en Temuco como representante do pobo mapuche nos escanos reservados para pobos orixinarios. Logrou reunir o 20 % do total dos patrocinios realizados a persoas que postulan aos escanos reservados, dende Arica até Punta Arenas.
Nas eleccións constituíntes realizada en Chile o 15 e o 16 de maio de 2021, Francisca Linconao obtivo o 7,15% dos sufraxios onde había votos do pobo mapuche, converténdose na candidata con máis votos entre os pobos orixinarios. Desta forma, sería unha das 7 representantes mapuches da Convención Constitucional.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Nados en 1958 Categoría:Políticos de Chile Categoría:Pobo mapuche Categoría:Indixenistas de América Categoría:Membros da Convención Constitucional de Chile Categoría:Xamáns