José de Lis Costas, nado en Gondomar e finado no mesmo concello o 10 de agosto de 1992, foi un industrial e político galego.

Traxectoria Foi nomeado alguacil do Concello de Gondomar en 1959.El Pueblo Gallego, 13-2-1959, p. 4. Concelleiro en Gondomar e primeiro tenente alcalde, foi nomeado alcalde de Gondomar en xullo de 1972,El Pueblo Gallego, 28-7-1972, p. 15. tomando posesión o 28 de xullo.El Pueblo Gallego, 13-8-1972, p. 22. Nas primeiras eleccións democráticas presentouse á alcaldía encabezando unha candidatura independente e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Nas municipais de 1983 encabezou a candidatura Vecinos Independientes e volveu ser elixido alcalde co apoio do PPdeG.La Voz de Galicia, Vigo, 26-5-1983, p. 38. Pasouse ao PPdeG. Posteriormente foi concelleiro e ingresou no CDS. En novembro de 1991 foi condenado polo xulgado do Penal de Vigo a un ano de inhabilitación e a pagar 10 millóns de pesetas por un delito fiscal.La Voz de Galicia, 19-11-1991, p. 63. Finou en Gondomar de cancro de pulmón o 10 de agosto de 1992.Faro de Vigo, 11-8-1992, p. 18.

Vida persoal Casou con Rosa Fernández Pérez.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Eleccións municipais en Gondomar

Categoría:Alcaldes de Gondomar Categoría:Alcaldes de Galicia durante o franquismo e a transición Categoría:Alcaldes de Galicia durante a democracia Categoría:Alcaldes de Galicia de candidaturas independentes Categoría:Nados en Gondomar

Categoría:Nados en ano descoñecido

Categoría:Finados en 1992