Norman WC Powell, nado o 25 de maio de 1993 en San Diego, California, é un xogador de baloncesto profesional estadounidense que xoga nos Los Angeles Clippers da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria profesional O 25 de xuño de 2015, Powell foi seleccionado na 46ª posición do Draft da NBA de 2015 polos Milwaukee Bucks, e foi traspasado pouco despois xunto a unha elección da primeira rolda do Draft ós Toronto Raptors, cambio de Greivis Vásquez. Asinou cos Raptors o 15 de xullo de 2015. Na súa primeira tempada na NBA, foi asignado en varias ocasións ós Raptors 905, afiliado de Toronto na NBA D-League.
O 25 de marzo de 2021, Powell foi traspasado ós Portland Trail Blazers a cambio de Gary Trent Jr. e Rodney Hood. O 6 de agosto de 2021, Powell asinou cos Trail Blazers un contrato de cinco anos e 90 millóns de dólares.
O 4 de febreiro de 2022, Powell foi traspasado xunto a Robert Covington ós Los Angeles Clippers, a cambio de Justise Winslow, Eric Bledsoe e Keon Johnson.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference
Categoría:Nados en 1993 Categoría:Nados en San Diego Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Milwaukee Bucks Categoría:Xogadores dos Toronto Raptors Categoría:Xogadores dos Portland Trail Blazers Categoría:Xogadores dos Los Angeles Clippers