María Isabel Medina Méndez, nada en Vigo en 1966, é profesora de investigación do Instituto de Investigacións Mariñas (IIM) de Vigo, e coordinadora da área de Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos do CSIC.

Traxectoria Isabel Medina licenciouse en Ciencias Químicas pola Universidade de Santiago de Compostela en 1989 e doutorouse no mesmo centro en 1994. Desenvolveu a súa tese no IIM, centrándoa no eido da química dos alimentos de orixe mariña. Tamén formouse en diferentes universidades internacionais ao abeiro das súas estadías postdoutorais: nos Estados Unidos, en Italia e no Reino Unido.

En 2021 ingresou como académica numeraria da Real Academia Galega das Ciencias na Sección de Bioloxía e Ciencias da Saúde.

Notas

Categoría:Químicos de Galicia Categoría:Nados en 1966 Categoría:Nados en Vigo