A Universidade de Módena e Reggio Emilia, en italiano Università degli Studi di Modena e Reggio Emilia, é unha universidade organizada segundo un modelo de campus en rede. A súa peculiaridade, por tanto, é a de estar apoiada nun proxecto de desenvolvemento complementario entre dous polos académicos distintos. Módena (sede da segunda universidade máis antiga de Italia, nada en 1175 e desenvolvida arredor do histórico Studium mutinensis ) e Reggio Emilia desde 1998.

Algúns estudantes coñecidos que asistiron á Universidade son o dramaturgo do século XVII Carlo Goldonie, o historiador do século XVIII Ludovico Antonio Muratori, o expresidente de Italia Sandro Pertini ou a científica Genoveffa Franchini.

Recoñecemento Está entre as mellores universidades de Italia. No 2007 foi elixida como a mellor universidade pública nacional polo xornal Il sole 24 ore, sinalando o alto nivel no servizo e prestacións; mentres que no 2008 perdeu dúas posicións, por detrás da Politécnica de Milán e a Universidade de Trieste.Artículo del Sole 24 ORE

A Universidade forma parte do consorcio interuniversitario Cineca.

Organización As facultades en Módena atópanse en tres puntos distintos da cidade

no centro: Economía Marco Biagi Dereito Filosofía e Letras no hospital: Medicina e Cirurxía no complexo do campus científico: Biociencia e Biotecnoloxía Farmacia Enxeñaría Ciencias matemáticas, físicas e naturais

En Reggio Emilia repártense en dúas localizacións:

Via Amendola Ciencias agrarias Enxeñaría Viale Allegri Ciencias da comunicación e economía Educación

Ademais, a universidade conta con diversas galerías, teatros e museos integrados.

Notas

Categoría:Universidade de Módena e Reggio Emilia Véxase tamén