Pablo Martín Sánchez, nado en Reus, Provincia de Tarragona, en 1977, é un novelista e escritor e tradutor español.
Traxectoria Pablo Martín Sánchez naceu en Reus (Tarragona) en 1977. Graduado superior en Arte Dramática polo Institut do Teatre de Barcelona, licenciado en Teoría da Literatura e Literatura Comparada pola Universidade de Barcelona, mestrado en Humanidades pola Universidade Carlos III de Madrid, é doutor en Lingua e Literatura Francesas pola Université de Lille-3 e en Teoría da Literatura e da arte e Literatura Comparada pola Universidade de Granada. Traballou como lector, corrector, tradutor e libreiro. É profesor de novela na Escola de Escritura do Ateneo Barcelonés. En 2021 vivía e traballaba en Madrid como deseñador gráfico.
Fundador da revista Verbigracia, traduciu a autores como Alfred Jarry, Marcel Schwob, Raymond Queneau, Bernard-Marie Koltès ou Wajdi Mouawad. Comezou publicando un libro de relatos titulado Fricciones (E.D.A. Libros, 2011). Ao ano seguinte publicou a novela El anarquista que se llamaba como yo (Acantilado), elixida pola revista El Cultural como mellor ópera prima do ano, unha novela de máis de 600 páxinas. En 2016 publicou a novela Tuyo es el mañana (Acantilado). Desde 2014, é membro do Collège de Pataphysique e do Oulipo (Ouvroir de Littérature Potentielle).
Parte da súa obra foi traducida ao francés, inglés, checo e neerlandés.
Obras
Novela
El anarquista que se llamaba como yo 2012. Acantilado. 624 páxs. ISBN 978-84-15689-18-8 (7ª ed.). Tuyo es el mañana (2016). Acantilado. 224 páxs. ISBN 978-84-16748-17-4. Agatha (2017). La Uña Rota. Escrito con Sara Mesa a partir dunha historia esbozada por Herman Melville. ISBN 9788495291530. Diario de un viejo cabezota (2020). Acantilado. 384 páxs. ISBN 978-84-17902-42-1.
Relatos
Fricciones (2011). EDA Libros. ISBN 978-84-92821-30-3.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas
Web do autor
Categoría:Alumnos da Universidade Carlos III de Madrid Categoría:Nados en Reus Categoría:Nados en 1977 Categoría:Alumnos da Universidade de Barcelona