Ana María Castaño Rey, nada en Pezós o 16 de xaneiro de 1961, é unha política asturiana.
Traxectoria Natural do lugar de Sanzo no concello de Pezós, na Terra Eo-Navia. Licenciouse en Historia na Universidade de Oviedo e ademais diplomouse en Xestión e Administración Pública e traballa como técnica da Fundación Municipal de Cultura do Concello de Xixón. Entre 2007 e 2011 foi directora dos Servizos Sociais do Concello de Avilés. Nas eleccións municipais de 2015 foi nas listas de Izquierda Unida ao concello de Xixón, onde está aveciñada, e saíu elixida concelleira. O 16 de xuño de 2015 entrou no Congreso dos Deputados en substitución de Gaspar Llamazares., porén nas eleccións xerais de decembro de 2015 non se presentou e, xa que logo, non revalidou o seu escano. Dende novembro de 2021 é a coordinadora de IU Xixón.
Notas
Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados (X Lexislatura) Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados por IU Categoría:Concelleiros de Asturias Categoría:Nados en Pezós Categoría:Nados en 1961 Categoría:Alumnos da Universidade de Oviedo