Paul-Émile Ottawa, nado en Manawan o 22 de marzo de 1969, é un político atikamekw, xefe do Consello dos Atikamekw de Manawan.
Traxectoria Realizou os estudos de primaria en Manawan e logo enviárono a un pensionado primeiro en Abitibi e logo en Lac-Saint-Jean, onde aprendeu o francés nun proceso de aculturaciónLe Devoir, «Le cri du cœur d'un chef atikamekw», Jean-François Nadeau, 5 de agosto de 2013. Despois estudou na Universidade do Quebec en Chicoutimi onde se graduou en organización comunitaria. Traballou como director dos servizos comunitarios de Manawan dende 1991, despois foi director de recursos humanos de Manawan e dende o 1 de abril de 1994 dirixiu o servizo de saúde de Manawan ao asumir esas competencias o Consello de Manawan. En novembro de 1997 deixou o seu posto, porén mantívose como consultor independente de procedementos de avaliación en servizos de saúde para o Consello de Manawan.
Actividade política Foi conselleiro do Consello dos Atikamekw de Manawan por primeira volta en 1987 e reelixido en 1989 e 1991 por mandatos de dous anos, consonte a Lei sobre os indios. mais ao longo de 1991 deixou o seu posto para asumir, por unha importante reestruturación administrativa no seo da comunidade, a dirección do servizo comunitario de Manawan.
En 1999.accedeu por primeira volta á xefatura do Consello dos Atikamekw de Manawan e en 2001 reelixírono de novo; durante o seu primeiro mandato propuxo saír do marco da Lei sobre os indios en relación á normativa electoral e o novo código electoral adoptouse no seu segundo mandato e así é que a partir de 2003, no seu terceiro mandato, estableceuse que as eleccións tiñan que se celebrar o segundo luns do mes de agosto cada catro anos, e nese ano tamén asinou un acordo marco e unha declaración de entendemento e respecto mutuo co goberno do Quebec.
Reelixido en 2006 e máis en 2010, desenvolveu, canda o seu consello, un plan de infraestrutura de telecomunicacións para Manawan o que lle permitiu á comunidade acceder a Internet en alta velocidade grazas á conexión por fibra óptica e loitou por federar o conxunto das comunidades atikamekw, Manawan, Wemotaci e Obedjiwan para lograren un maior peso cos gobernos do Quebec e do Canadá e así os xefes das tres comunidades emitiron un comunicado conxunto co Consello da Nación Atikamekw en xuño de 2013 contra da lentitude das súas negociacións bilaterais co goberno quebequés.
Nas eleccións de 2014 derrotouno Jean-Roch Ottawa. mais tras as eleccións parciais de agosto de 2017 entrou como conselleiro no Consello dos Atikamekw de Manawan. e tras vencer nas eleccións o 13 de agosto de 2018 volveu de novo asumir o posto de xefe de Manawan. despois de vencer a Jean-Roch Ottawa con máis do 67% dos votos .
Notas
Categoría:Políticos do Canadá Categoría:Pobo atikamekw Categoría:Nados en 1969 Categoría:Nados no Quebec