miniatura|Matogueira xerófila

O adxectivo xerófilo,xerófilo, xerófila no Dicionario da RAG e o substantivo xerófito,xerófito, xerófita no Dicionario da RAG (do grego antigo xero-: seco, -filo: amigo, e -fito: planta) aplícanse en botánica á vexetación e ás asociacións vexetais especificamente adaptadas para a vida nun medio seco. É dicir, plantas adaptadas á escaseza de auga na zona na que habitan, como a estepa ou o deserto.Font Quer, P. 1977: Diccionario de Botánica. Editorial Labor S.A. Barcelona. pp:1111=1112. ISBN 84-335-5804-8.Strasburger, Edward. 1981: Tratado de Botánica. Editorial Marín S.A. Barcelona. ISBN 84-7102-990-1.Bastidas Arístides. 1991: Las plantas y sus 13 residencias. Ediciones Corpoven, S.A. Caracas.Medina, Ernesto. 1977: Introducción a la ecofisiología vegetal. Organización de los Estados Americanos. Monografía 16.Gold Morgan, Michele. 1983: Procesos energéticos de la vida. Fotosíntesis. Editorial Trillas S.A. México. ISBN 968-24-0927-6.

Encóntranse en rexións climaticamente áridas e tamén en ambientes excepcionalmente secos de rexións semiáridas ou subhúmidas.

Características Presentan trazos que lles permiten sobreviviren en ausencia dunha subministración abundante de auga.

Raíces longas, que constitúen unha extensa rede superficial, como ocorre nos cactos e iucas, para aproveitar as chuvias esporádicas, ou que afondan na terra até alcanzaren niveis freáticos, ou simplemente húmidos. Tronco engrosado para almacenar auga. Árbores caducifolios que desprenden as follas en períodos longos de seca Follas con "poros" o estomas, ou follas reducidas a espiñas ou simplemente follas ausentes, trasladándose a función fotosintética aos caules. Metabolismos fotosintéticos especialmente adaptados ao aforro de auga.

Os xardíns formados por xerófitos denomínanse xeroxardíns.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Drought Smart Plants Cactus and Succulent Society of America

Categoría:Ecosistemas Categoría:Termos botánicos Categoría:Extremófilos