Giovanni Battista della Porta, así mesmo coñecido como Giovan Battista della Porta ou Giambattista della Porta, nado en Vico Equense en 1535 e finado en Nápoles en 1615, foi un astrónomo, alquimista, comediógrafo, filósofo natural e investigador tardorrenacentista italiano.
Traxectoria Publicou pronto a Magia naturalis; escribiu unha Criptologia e un Ars reminiscendi, sobre a memoria, tema moi desenvolvido no século XVI, pero é lembrado pola súa obra De humana physiognomonia. Foi, doutra banda, autor de numerosos descubrimentos experimentais tales como a cámara escura (o concepto de "cámara" en óptica introduciuno por primeira vez o físico e matemático musulmán Alhacén) e a "lanterna máxica" (tamén atribuída ao xesuíta Athanasius Kircher que o seguiu no tempo), así como as primeiras e rudimentarias ideas ou propostas sobre como construír un anteollo astronómico.
Magiae naturalis sive de miraculis rerum naturalium En 1558 publicou a Magiae naturalis. No prefacio, afirma que escribiu a obra, orixinalmente en catro volumes, aos quince anos. Posteriormente, tivo nove edicións, nas que pasou até un total de vinte volumes, finalmente reunidos nun só volume en 1584: este compendio foi amplamente difundido e traducido do latín ás principais linguas europeas.
O traballo trata sobre divulgación científica, cosmoloxía, xeoloxía, óptica, vexetais, medicamentos, velenos, cociña, transformacións químicas de metais, destilación, coloración de vidro, esmaltes e materiais cerámicos, propiedades magnéticas, cosmética, pólvora, criptografía. Cítanse autores antigos, como Aristóteles e Teofrasto, pero tamén coñecementos contemporáneos. Trátase, porén, dunha compilación escolástica, non baseada na súa propia actividade investigadora, senón no estudo de autores antigos e modernos. Nunha das edicións describiu unha cámara escura equipada cunha lente convexa.
As viaxes e a Accademia secretorum naturae En 1563 publicou un traballo de criptografía, o De Furtivis Literarum Notis, no que describe o primeiro exemplo de substitución poligráfica codificada, sinalando o concepto de substitución polialfabética.Foi por este acusado de plaxio por Giovan Battista Bellaso, quen afirmou ser o primeiro en propoñer este tipo de cifrado Por este traballo considérase o maior criptógrafo do Renacemento.
Neste período, no que xa se consolidaba a súa fama, presentoulle ao rei Filipe II o seu libro de criptografía e tamén viaxou por Francia e Italia. De 1566 é unha publicación sobre Arte del ricordare, posteriormente reeditada en latín, en 1602.
Della Porta fundara a Accademia Secretorum Naturae (Academia dos Segredos); para pertencer a ela era necesario demostrar un novo descubrimento científico, descoñecido para o resto da humanidade, no ámbito das Ciencias Naturais. Porén, non foi precisamente o método científico o que se valorou, senón o carácter "marabilloso" do descubrimento. Coa sospeita da implicación no ocultismo, Della Porta foi cuestionado pola Inquisición en 1579 e a Academia fechada por orde papal, porén, sen levantar obxeccións aos seus estudos de ciencias naturais. Entre 1579 e 1581 foi acollido en Roma e despois en Venecia e Ferrara polo cardeal Luigi d'Este.
En 1583 publicou o tratado Pomarium sobre o cultivo de árbores froiteiras e ao ano seguinte o Olivetum, máis tarde incluído na súa enciclopedia sobre agricultura. En 1586 publicou co editor J. Cacchi di Vico Equense a obra De humano physionomonia, que máis tarde influiría na obra do suízo Johann Kaspar Lavater. En 1599, co editor Tarquinio Longo de Nápoles, publicou unha segunda edición ampliada. A súa obra Phytognomics (1588) enumera as plantas segundo a súa localización xeográfica.
En 1589 a súa casa foi frecuentada por Tommaso Campanella e en 1592 retomou, nunha nova estancia en Venecia a amizade con Paolo Sarpi. Tamén coñeceu a Giordano Bruno antes do seu encarceramento. A partir desa data, por orde do inquisidor veneciano, Della Porta tivo que solicitar permiso para as súas publicacións en Roma. En 1593 coincidiu en Padua con Paolo Sarpi e con Galileo. En 1601 recibiu en Nápoles o nobre francés Nicolas-Claude Fabri de Peiresc. En 1603 coñeceu o mozo Federico Cesi e foi invitado a Praga polo emperador Rodolphe II, ao que dedicou o tratado sobre Taumatoloxía, hoxe perdido.
Tamén escribiu sobre óptica (De refractione optiques, en 1589), agricultura (Villae, en 1592), astronomía (Coelestis physionomoniae en 1601), hidráulica e matemáticas (Pneumaticorum, en 1602), arte militar (De munitione, en 1606), meteoroloxía (De aeris transmutationibus, en 1609), e química (De distillatione en 1610). A súa obra de lectura manual (Chirofisinomia), escrita en 1581, non foi publicada até moito despois da súa morte, en 1677.
Galería de imaxes
Obra Magia naturalis, 1558 (definitiva, 1589) Criptologia Ars reminiscendi, 1566 De humana physiognomonia, 1586 e 1601
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
J. Caro Baroja, Historia da fisiognómica, Madrid, Istmo, 1998. M. Torrini (ed.), Giovan Battista della Porta nell'Europa do suo tempo, Nápoles, Guida, 1990. Ligazóns externas
Unha biografía
Categoría:Nados na provincia de Nápoles Categoría:Nados en 1535 Categoría:Finados en 1615 Categoría:Astronomía observacional Categoría:Filósofos de Italia Categoría:Astrónomos de Italia Categoría:Científicos de Italia