miniatura|Primeira páxina da Gaceta de Madrid do 24 de abril de 1906 sobre a Lei para a represión dos delitos contra a Patria e o Exército (Lei de Xurisdicións) A Lei para a represión dos delitos contra a Patria e o Exército de España, coñecida como Lei de xurisdicións, foi aprobada polo Congreso o 23 de marzo de 1906 e sancionada polo rei Afonso XIII (1886-1941), e publicada na Gaceta de Madrid o 24 de abril de 1906, no número 114. Foi promovida por Segismundo Moret, presidente do Consello de Ministros, e o conde de Romanones, ministro do Interior, co apoio de Afonso XIII, como reacción aos sucesos de ¡Cu-Cut!. Foi aprobado durante o período constitucional do reinado de Afonso XIII.
Aínda que supuxo un forte intervencionismo dos militares na política xa contaba con antecedentes como a Lei de Prensa de 1881 ou o Código de Xustiza Militar de 1886, baixo os gobernos de Cánovas del Castillo.
Contexto A raíz do desastre de Cuba e Filipinas e da conseguinte corrente antimilitarista que se estendera entre as masas populares, os militares reaccionan escudados no monarca obrigando ó goberno de Segismundo Moret a aprobar en 1906 a, que se chamou coloquialmente, Lei de xurisdicións. O que os militares entenden como inxerencia da sociedade civil nos seus asuntos culmina co asalto do exército a dúas publicacións barcelonesas, a satírica ¡Cu-Cut! e o xornal La Veu de Catalunya.
O 25 de novembro de 1905, un grupo de oficiais asalta en Barcelona a redacción do semanario satírico catalanista ¡Cu-Cut!" pola publicación dunha viñeta ironizando as derrotas do exército español. Tamén foi atacada a redacción doutra publicación catalanista, o xornal La Veu de Catalunya. O choque provocado por estes acontecementos foi enorme. O goberno liberal de Eugenio Montero Ríos intentou impoñer a súa autoridade sobre os militares e acordou non ceder ás presións dos capitáns xerais que mostraron o seu apoio aos oficiais sublevados, aínda que declarou o estado de guerra en Barcelona o 29 de novembro, ao parecer baixo a presión do rei. O monarca, finalmente, deixou de apoiar o goberno para apoiar a actitude do Exército, feito que obrigou a Montero Ríos a dimitir.
O rei designou un novo goberno presidido polo outro líder liberal, Segismundo Moret, quen recibiu o encargo de evitar que se repetisen os ataques «contra o Exército e os símbolos da Patria». Moret, propúxose satisfacer aos militares e nomeou ministro da guerra ao xeneral Agustín Luque, un dos capitáns xerais que máis aplaudira o asalto ao ¡Cu-Cut!—e, axiña, conseguiu a aprobación das Cortes para a Lei para a represión dos delitos contra a Patria e o Exército —coñecida como Lei de xurisdicións—. Polo que, a partir dese momento, a competencia para xulgar ese tipo de delitos contra os símbolos do Estado Español e incluía as inxurias de palabra ou por escrito pasaban a quedar baixo xurisdición militar. En realidade, varios dos artigos supoñían un importante recorte ás liberdades públicas, en particular á liberdade de expresión.
Segundo o historiador Santos Juliá, “o goberno cedeu ao exército grazas ao peso que a Coroa botou no platillo militar, cun resultado de grande envergadura: as Cortes aprobaron a Lei, coa que crearon unha esfera de poder militar autonómico. e estableceu o precedente de ceder á insubordinación militar. A militarización da orde pública dera un paso de xigante con esa Lei". Segundo o historiador Borja de Riquer, "ao tolerar a insubordinación dos militares barceloneses, o monarca deixara o sistema político exposto a novas presións e chantaxes, debilitándoo así notablemente a supremacía do poder civil fronte ao militarismo".
Porén, a interpretación que fan dos feitos os historiadores Javier Tusell e Genoveva García Queipo de Llano, é diferente. Segundo eles «a intervención do Rei produciuse unha vez demostrada a incapacidade inicial do goberno [de Montero Ríos] para impoñerse; polo que fixo que o xeneral Bascarán, segundo xefe do Cuarto Militar, acudise aos cuarteis de Madrid e procurase acougar as actitudes apaixonadas e prometer en nome do monarca unha modificación da lexislación nese sentido. [...] O papel do rei pódese cualificar dun xeito moito máis axeitado como o de intermediario entre o poder civil e o militar nun marco institucional non democrático no que, se o primeiro tomaba as principais decisións, o segundo, cando puido actuar por unanimidade, acadou autonomía e, mesmo, deferencia».
Oposición á lei Tanto republicanos coma carlistas opuxéronse a ela. De igual xeito, os partidos catalanistas, interpretándoa como ataque directo a Cataluña, pois en pouco tempo comezaron a se producir condenas (ao director da Campana de Gracia, ao catalanista Luis Manau, a un periodista do Empordà Federal etc.). Por iso, e en resposta á impunidade na que se atopaban os responsables dos sucesos de ¡Cu-Cut! e a Lei de Xurisdicións, constituíuse en Cataluña en maio de 1906 unha gran coalición denominada Solidaritat Catalana, presidida polo vello republicano Nicolás Salmerón, na que se integraban os republicanos —agás o Partido Republicano Radical de Alejandro Lerroux—, os catalanistas —a Lliga Regionalista, a Unió Catalanista e o Centre Nacionalista Republicà, grupo escindido da Lliga uns meses antes—, e mesmo os carlistas cataláns. Os seus éxitos de convocatoria foron espectaculares con manifestacións masivas como a celebrada en Barcelona o 20 de maio de 1906, que congregou a 200.000 persoas. Nas eleccións xerais de 1907 Solidaritat Catalana obtivo unha esmagadora vitoria xa que obtivo 41 deputados dos 44 que correspondían a Cataluña.
A oposición tamén se manifestou dende a intelectualidade. O 23 de febreiro de 1906, cando a lei aínda non era efectiva, Miguel de Unamuno deu unha resoante conferencia no teatro da Zarzuela contra esa lei que só os daquela chamados progresistas históricos querían aprobar.
Malia todo, a lei foi aprobada o 22 de marzo e, entón, as Cortes foron disoltas. O 20 de maio levantouse o estado de excepción en Barcelona e celebrouse unha homenaxe aos deputados e senadores cataláns que votaran en contra da lei.
Contido A lei de xurisdicións colocaba baixo xurisdición militar as ofensas orais ou escritas contra a unidade do país, a bandeira e a honra do exército. Varios dos artigos representaron unha importante redución das liberdades públicas, en particular da liberdade de expresión. Esta lei ampliou o campo de acción da xurisdición militar sobre a poboación civil, cousa que non ocorreu noutros países onde os civís estaban baixo xurisdición ordinaria.
Derrogación A evidente deterioración do parlamentarismo poñía o poder en mans do monarca e do corpo de oficiais. Coa ambigua aquiescencia de Afonso XIII, o capitán xeneral Miguel Primo de Rivera encabezaría en 1923 unha ditadura que persistiría ata 1930. A Lei de Xurisdicions estivo en vigorata o 17 de abril de 1931 cando o goberno provisorio da República dirixido por Manuel Azaña, que tamén era ministro de Guerra, a derrogou por un decreto, que posteriormente as Cortes converterían en lei. O principal argumento para a súa derrogación foi:
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos Feitos do ¡Cu-Cut! Ligazóns externas Ley para la represión de los delitos contra la Patria y el Ejército ''Gaceta de Madrid, núm. 114, martes 24 de abril de 1906, p. 317-318.
Categoría:Leis de España derrogadas Categoría:1906 Categoría:Censura Categoría:Restauración borbónica en España