Domingo Saavedra Sánchez, nado en Carballo (Friol) o 11 de febreiro de 1887 e finado en Sarria o 20 de outubro de 1970, foi un mestre nas escolas públicas de Sarria e fillo predilecto desta vila.

Traxectoria Exerceu preto de 40 anos a función docente, e non só atendeu as obrigas propias da escola que rexentaba, senón que, a falta de centros de estudos secundarios, impartiu clases preparatorias para bacharelato, maxisterio, comercio, oposicións etc., nun labor que alcanzou a varias xeracións de sarriaos. Moi integrado na vida cultural e social da vila foi cabeza dunha ampla familia. Recibiu a medalla de Afonso X O SabioEl Progreso, 10-8-1968, p. 1. e, facéndose eco do seu labor, o Concello nomeouno Fillo Adoptivo e Predilecto. Ten unha rúa dedicada na Zona Escolar.

Vida persoal

Casou con Regina Sánchez Castro, que finou en 1947, e foi pai de José Manuel, María Teresa, Regina, Antonio, Domingo, María Mercedes, María Rosario, Marina e María Emma Saavedra Sánchez.El Progreso, 21-6-1943, p. 3. Notas

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Sarria Categoría:Nados en Friol Categoría:Nados en 1887 Categoría:Finados en 1970 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes